Foz, 15 de setembro de 2018.- O Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, salientou este sábado que “os socialistas sentímonos orgullosos de ir a Foz a ver os investimentos que levamos dende o Goberno da Deputación e comprobar xunto aos nosos veciños que estamos a responder as súas necesidades”.
“Agradézolle ao Alcalde que recoñeza o esforzo e o compromiso que dende o PSOE temos cos veciños de Foz; que corrobore que somos os socialistas os únicos que levamos investimentos ao Concello para mellorar os servizos públicos e a calidade de voda dos focenses”.
“Seguimos visitando Foz e levando máis investimentos aos veciños dende o Goberno da Deputación, pois así o requiren e nolo piden os focenses”.
“Nos últimos 3 anos, achegamos aos veciños de Foz case 2 millóns de euros dende a Deputación, dando respostas as súas necesidades. Non cesaremos no noso traballo”.
Estes fondos permitiron o financiamento de máis de 30 obras, de 8.000 horas de atención profesional co Servizo a Domicilio a non dependentes que reciben ducias de maiores e que se engaden aos 35 que contan co servizo de Teleasistencia gratuíta provincial, ademais da celebración dunhas 30 iniciativas en impulso do turismo, do deporte e da cultura. “Somos os socialistas os que ofrecemos aos veciños de Foz as principais e practicamente as únicas iniciativas públicas no seu Concello, facendo que o público repercuta no público”.
1,6 millóns en melloras de infraestruturas e dotacións públicas
O PSOE no Goberno da Deputación renovou os parques municipais en Conde de Fontao e Campo da Cabana, con máis de 200.000 euros que achegou o Goberno Provincial Socialista na Deputación. O parque de Conde Fontao está situado no peirao grande, nunha das beiras do peirao. Conta con moita afluencia de cativos por estar situado ao carón dunha das zonas hostaleiras máis importantes do Concello. Dotouse de novo solo e equipamento, como tobogáns ou bambán. Tamén ten máis equipamento o parque no Campo da Cabana, moi empregado ao situarse nunha das prazas máis emblemáticas do municipio e estar rodeado de máis dotacións deportivas, como pistas ou cachas de baloncesto.
Estes fondos engádense aos 700.000 euros que tamén levou o Executivo do PSOE na Deputación para humanizar e reordenar o tráfico na Avenida Álvaro Cunqueiro; aos 253.000 para o acondicionamento de ducias de accesos do rural en zonas como San Acisclo, Vilaronte, Ribela en Cagas, no barrio de Escanlar, Fazouro, Córdido ou Torres, entre outros; aos 200.000 euros para mellorar instalacións deportivas como o estadio Martínez Otero; aos case 115.000 para arranxar estradas como a LU-P-2010 de Bao a Ver ou a LU-P-2009 de Peirao de Foz a Bispo Santo por Marzán; aos preto de 100.000 euros para novo alumeado público nas rúas Illanova e Avenida Breogán, e no campo de fútbol; e aos 90.000 euros para a compra de terreos do Castro de Engrobas.
Fomento dos servizos sociais e do emprego con máis de 200.000 euros
O PSOE financia con máis de 40.000 euros dende o Executivo Provincial unhas 8.000 horas de atención profesional a maiores de Foz a través do Servizo a Domicilio para non dependentes, ao igual que ofrece e asume o servizo de Teleasistencia gratuíta que reciben outros 35 focenses. Os socialistas xeraron en Foz uns 10 novos postos de traballo con programacións como o Ben Emprego e DepuEmprego, achegando para elo 160.000 euros para asumir os custos laborais destes profesionais. Estes traballadores están, ademais, a reforzar a actividade de colectivos sociais e entidades de Foz, así como contribuíndo á prestación de servizos públicos municipais.
Preto de 230.000 euros para actividades turísticas, culturais e deportivas
Para impulsar a económica local e a vida social, os socialistas achegaron case 230.000 euros, que permitiron a celebración dunhas 30 citas como a Festa do Berberecho, o Concurso Internacional de Baristas, a Travesía Ría de Foz, o Festival Voces Xóvenes “A Capela”, entre outras actividades turísticas, culturais e deportivas, convertendo á Deputación na maioría dos casos na principal ou única patrocinadora.





















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



