Foz, 29 de setembro de 2018. O Concello de Foz adxudicou a reorganización do parque de As Torres e as obras comezarán en outubro, cun orzamento de 142.659 euros. Anunciouno hoxe o alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira.
“Adxudicouse á empresa Galitec por 142.659 euros a reorganización do parque de As Torres, de Foz. É unha zona que desde o equipo de goberno queríamos dinamizar e hai pouco fíxose o asfaltado de toda a urbanización e agora con esta actuación, encamiñada sobre todo aos máis novos, o que se pretende é mellorar unha zona que o necesitaba. Os traballos empezarán neste próximo mes e constarán dunha pista multideporte con céspede artificial, que estará no lugar que ocupa agora a pista de tenis; tamén haberá unha pista de skate con un foso e un rocódromo, onde está actualmente a pista de fútbol sala; e cambiaranse todos os xogos infantís”, explicou o rexedor municipal.
Javier Castiñeira engadiu que “é unha actuación importante de cara a levar á xuventude e a rapaces a unha zona que está ben urbanizada e que ten potencial para acoller este tipo de instalacións. Esta actuación está dentro do Plan Único 2018, financiando pola Deputación de Lugo, e era un dos proxectos que o Concello de Foz considerou necesarios para dinamizar varias zonas do municipio”.
























A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



