Barreiros 30-9-18. A Asociación de Hostelería de Barreiros ven de reunirse recentemente coa finalidade de retomar a actividade da mesma tras unha pausa durante a tempada estival, momento no cal aumentan considerablemente as cifras de turismo, e polo tanto, as esixencias do traballo no sector hosteleiro permite menos compatibilidade con outras labores.
Precisamente facer un balance das cifras do verán foi un dos puntos tratados nesta reunión. A grandes rasgos, e en comparación con anos previos, o mes de xullo foi para unha boa parte dos establecementos peor que o ano pasado, dándose no caso das reservas de aloxamentos varias cancelacións no último momento, o que se intúe que poida estar relacionado coas condicións metereolóxicas da primeira parte do verán. Fronte a isto, o mes de agosto rexistráronse en xeral boas cifras, semellantes a de outros anos. Caso aparte merece o Camiño de Santiago ao seu paso polo concello barreirense, o que cal segundo os establecementos vinculados a el, presenta boas cifras e en aumento ano tras ano, e destacando unha altísima porcentaxe de peregrinos procedentes de Alemania.
Ademais do anterior e de coñecer o estado de contas, as persoas presentes valoraron tamén a constitución dunha Xunta Directiva que dea continuidade á comisión xestora provisional que xestiona actualmente a entidade. Esta cuestión quedou pendente de tratamento para futuras reunións.
Falta de resposta das demandas trasladadas ao Concello
Outro dos puntos tratados na reunión foi o estado das diversas cuestións que foron trasladadas ao Concello de Barreiros antes do verán, por medio de reunións coa Alcaldía: mellora da promoción turística por medio dun mellor posicionamento web municipal, actualización do espazo adicado á hostelería local no medio dixital, colocación de carteis de información turística nas praias, colocación de vallas de benvida ao municipio a carón das principais vías de acceso ao mesmo e amplitude do horario de apertura da Oficina de Turismo municipal. A asociación lamenta que tras varios meses ningunha destas demandas fora respostada nin levada a cabo, polo que rexistrou un escrito instando ao Concello a atendelas coa premura precisa antes das próximas tempadas de maior chegada de visitantes. Do mesmo xeito, o aspecto de deixadez que durante todo o verán presentou a contorna do concello e algunhas instalacións de uso, principalmente turístico, enténdese moi negativa para a promoción do concello como alternativa de destino, causando unha imaxe de moi pouca calidade. O que, polo tanto, repercute tamén nos establecementos de hostelería.
A promoción turística e máis específicamente a participación en feiras específicas nas cales manter relación con axentes do sector, tales como turoperadoras ou axencias de viaxes, foi outra das cuestións abordadas e que forma parte da orde do día da seguinte reunión, a celebrar a próxima semana.























Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas deste martes, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.



