Ribadeo, 1 de outubro de 2018. Hoxe deron comezo en Ribadeo as actividades da Semana Europea da Formación Profesional. No CIFP Porta da Auga o profesor danés Jens Sondergaard Hansen falou do sistema da FP no seu país e sobre ensinanzas de carrocería.
Este docente comezou a súa exposición falando da súa formación e lembrou que antes de ser profesor foi pintor de coches durante 10 anos e despois realizou os cursos de especialización para poder dedicarse ao ensino. Tamén lles falou ao alumnado e profesorado do CIFP Porta da Auga do proxecto Worldskills, “que permite que alumnos de 80 países poidan comparar as súas competencias mediante a competición. O primeiro curso realizouse en España no ano 1950 e no 2019 farase en Moscú”, explican desde Apaga.
Jens Sondergaard tamén comentou a oportunidade que teñen os xoves de ir a Dinamarca, onde hai moito traballo e un bo salario, que rolda os 4.000 euros ao mes. Desde Apaga sinalan que “as titulacións españolas están recoñecidas polas autoridades de Dinamarca. O goberno dese país ten coma obxectivo principal que todos os xoves estuden e por iso lles paga todos os meses unha partida durante a súa etapa de estudantes”. O profesor danés tamén resaltou o potencias que teñen as mulleres para os traballos de carrocería. En Dinamarca os coches de luxo e vehículos clásicos son reparados por mulleres.
O profesor danés agradeceu a Apaga a súa invitación para estar hoxe en Ribadeo e mañá en Viveiro y agarda que siga a colaboración entre esta asociación e o College 360 Silkeborg, onde el traballa.
Mañá pola mañá Jens Sondergaard estará no IES María Sarmiento, de Viveiro. E pola tarde está previsto que visite a empresa de fabricación de carrocerías Hermanos Rega, de Alfoz. O mércores, día 3, ás doce do mediodía participará nunhas clases prácticas en colaboración cun profesor do CIFP Porta da Auga ás que acudirá tamén o alumnado do ciclo superior de automoción. Esas clases prácticas serán na área de carrocería, onde abordarán distintas temáticas. Pola tarde achegarase a unha empresa que fabrica embarcacións náuticas en Barres, na veciña Asturias.
Durante a súa estadía en Ribadeo Jens Sondergaard coñecerá Mondoñedo e Lourenzá, ai igual que xa na xornada de hoxe visitou o casco histórico de Ribadeo e a praia de As Catedrais. O xoves regresará a Dinamarca.






















Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



