Ribadeo, 4 de outubro de 2018. O alcalde, Fernando Suárez, cualifica de ambicioso o novo Plan de Vivenda 2018-2021, que destina máis de medio millón de euros para as rehabilitacións a realizar nos conxuntos históricos da vila e de Rinlo. O Ministerio de Fomento aporta 370.000 euros e a Xunta 134.000, ademais dos fondos municipais que se investirán nestes novos convenios.
O rexedor dixo. “compre pararse un chisquiño e evidenciar a importancia de todo este traballo que levamos desenvolvendo estes anos de cara á rehabilitación tanto do conxunto histórico do casco vello de Ribadeo como tamén, desde hai uns anos, do conxunto histórico do casco vello de Rinlo. De aí esta nova noticia destes novos convenios para as dúas áreas de rehabilitación integral para o novo Plan de Vivenda 2018-2021 entre o Ministerio de Fomento, a Xunta de Galicia e máis o Concello de Ribadeo”.
Suárez Barcia manifestou que “eu non sei se somos o Concello que vai dispoñer de máis recursos, pero se non somos o que máis seremos dos máis, incluso moi superiores a outros concellos que teñen moita máis poboación que Ribadeo. Digo isto porque aos 370.000 euros que vai aportar o Ministerio de Fomento para rehabilitación de vivendas e de espazos públicos e para subvencionar os equipos técnicos do Concello, temos que sumar os 134.000 euros da Xunta de Galicia para rehabilitación de vivendas e para equipos técnicos. A Xunta neste caso non dá achegas para espazos públicos”.
O alcalde indicou “xunto coa achega que o Concello vai ter que destinar para complementar a rehabilitación de espazos públicos, entendo que vai ser un plan moi ambicioso para todos os puntos de vista, para a rehabilitación de vivendas, aínda non sabemos o número exacto que se llevan asignar a Ribadeo e a Rinlo, como tamén para a rehabilitación de espazos públicos”.
Fernando Suárez sinalou “este traballo está baseado nun traballo sistemático en tres polos de acción: o técnico, o político e o social. No técnico polo traballo importante dos técnicos municipais de asesoramento e de animación a que se rehabilite. Tamén pola redacción dos proxectos que fan importantes, e pola resolución administrativa para que todo se xustifique en tempo e en prazo, e que todo o mundo poida concluír os seus obxectivos”.
O rexedor de Ribadeo engadiu que “por outra banda está a cuestión política do goberno municipal de Ribadeo, pola determinación que queremos para que Ribadeo sexa un espello onde se poida mirar a xente. Creo que quen se dea unha volta polo casco vello de Ribadeo verá o número de obras en rehabilitación continua, o número de pequenas e medianas empresas, e de autónomos, en traballos de reforma e rehabilitación sistemática ano tras ano, e que hai máis obras no casco vello de Ribadeo que na totalidade dalgúns concellos non moi lonxanos a nós, a día de hoxe. Todo isto sen facer zarapalladas urbanísticas, senón todo o contrario, intentando dignificar a nosa historia, intentando dignificar os cascos vellos e intentando paseniño enchelos de vida outra vez”.
Fernando Suárez seguiu a relatar que “ao mesmo tempo outro polo importante é o polo social. Refírome á resposta da xente, á resposta dos propietarios. Algunhas veces, hai tempo, case presionados polo Concello, pero hoxe en día practicamente todas as subvencións que se ofertan desde o casco vello se cobren, e se compren os obxectivos. Hai que ter en conta que tanto nas áreas de Ribadeo como de Rinlo se foron executando obras de rehabilitación e urbanización cumprindo practicamente o cen por cen dos obxectivos que foron asignados nos convenios anteriores. De aí que agora estes novos, que vai ser o décimo terceiro de Ribadeo e o sexto de Rinlo, traerán un montón de posibilidades para os seguintes exercicios 2019, 2020 e 2021, que é o ámbito temporal deste novo plan de vivenda 2018-2021”.























O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.