Foz, 5 de outubro de 2018. O Centro Comercial Aberto de Foz organiza unha charla-obradoiro para a dinamización dos negocios locais que terá lugar o vindeiro martes, 9 de outubro.
A conferencia leva por título Reaviva a chama do teu negocio e será impartida pola psicóloga coach Ángeles Amor, que falará “da forza de emprender, das novas ilusións, dos novos retos, etc…”.
Esta charla-obradoiro celebrarase o 9 de outubro ás 20:30 horas no salón de actos da Casa da Cultura de Foz. A entrada é gratuíta e poderá facerse reserva de prazas no número de teléfono 982 132 751. Desde a directiva do Centro Comercial Aberto de Foz subliñan que “está aberta ao público en xeral, sexan asociados ou non á ACIA/CCA”. Os inscritos recibirán un diploma de asistencia.
Coa organización deste evento colabora o Concello de Foz, Radio Foz e a Federación de Comercio A Mariña.





















O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
No marco do 8M, esta empresa de comunicación e publicidade decidiu celebrar a súa traxectoria reunindo a 18 mulleres diferentes para compartir as súas experiencias no ámbito persoal e profesional, co obxectivo de render un homenaxe á muller.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



