Santiago 12-10-18.Segundo a formación GALEGUISTA, Galicia non conta para o PSOE, que ten a súa ollada posta en ANDALUCÍA, recentemente asistimos á firma dun compromiso entre Pedro Sánchez e Susana Díaz. Moito menos para os deputados de En Marea diluídos na sopa de letras de Unidos-Podemos no Congreso, sen peso específico propio á hora de atraer investimentos para Galicia, e sen capacidade de negociación co PP, que fai a Galicia refén dos orzamentos de Rajoy, potentes en Euskadi e Canarias.
O camiño aberto para os novos presupostos do estado no acordo entre PSOE e Unidos-Podemos, sen medidas concretas para Galicia, lexitima mais que nunca a necesidade que temos os habitantes de Galicia de apostar por forzas políticas con proxecto e idea País. O desleixo ao que someten a Galicia os deputados e deputadas que deberían representar os nosos intereses na vida política do estado é unha indignidade da que os electores teñen que tomar apuntes sinalan desde Compromiso por Galicia.
Piñeiro Docampo: “A pantomima do subgrupo dentro do grupo que representan os de En Marea, finalmente lévanos a que os galegos e galegas non pintemos nada en Madrid, mais aló dos dogmas de partido que pouco ou nada solucionan o día a día dos galegos e galegas. Reto a este grupo que de non conseguir o traspaso da AP9 a condonación da débeda dos portos e algunha transferencia, DIMITAN por dignidade co País”
O secretario xeral galeguista, Piñeiro Docampo, subliña a inoportunidade política que representan nesta altura os deputados galegos en Madrid, xa que tanto os do PSOE como os de Unidos-Podemos teñen que ceder ás presións dos seus lideres que pensan máis na rúa Ferraz e na Complutense, lonxe dos intereses de País e das especificidades que nós temos como Galicia, tanto no social como no económico. Se anteriormente sufriamos o desleixo dun PP, que se cre dono de Galicia, e que nunca tivo a Galicia como prioridade, agora temos de fronte a dous grupos que teñen a prioridade en soster a un goberno feble e que están atentos unicamente ao que poida acontecer en Andalucía, e que dependen do xa acordado polo PP.
Os galeguistas apuntan que agora mais que nunca, é necesario un cambio que leve a Galicia a poder exercer presión política no estado, para mellorar o benestar no noso País e poder condicionar uns investimentos mais xustos do estado en Galicia. Cambio que necesariamente vai comezar nos Concellos e Deputacións.



















Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



