Lugo 20, outubro, 2018. O deputado autonómico popular da Mariña, Daniel Vega, destaca, tras unha primeira análise dos Orzamentos da Xunta para o vindeiro ano 2019, “o compromiso do Goberno de Feijóo con Lugo e a súa provincia” como reflicte o feito de que “Lugo é a provincia con más inversión por habitante”. É máis, o Goberno galego destina 4.022 euros por cada lucense nun exercicio de “reequilibrio territorial” a través dun maior gasto per capita nas provincias orientais respecto ás atlánticas.
Así, a comarca da Mariña recibirá no 2019 algo máis de 9 millóns de euros para inversións reais entre os que se atopan os 1,5 millóns para continuar co desenvolvemento da VAP Costa Norte (Viveiro).
“O Goberno galego tamén ten presente as necesidades dos portos mariñáns”, indica Vega. Así, investirá un millón de euros para o dragado e outras actuacións no porto de Viveiro e medio millón para a ampliación e mellora do abrigo no porto de Burela. Tamén se mellorará o abrigo en Porcillán, Ribadeo, con 200.000 euros. O municipio ribadense verase beneficiado das contas da Xunta, por outra parte, coa achega de 438.000 euros para a adquisición, publicacións, reparación e acondicionamento, asistencias técnicas, reunións e encontros científicos e proxectos de investigación do centro de investigación mariña.
Co obxectivo de “continuar a mellorar as instalacións sanitarias da comarca”, tal e como defende o popular, os orzamentos da Xunta para o 2019 contemplan unha partida de 888.349 euros para o Hospital da Mariña dirixidos ao Plan Director, maquinaria e mobiliario e actuacións de eficiencia e aforro enerxético.
“As contas do Executivo autonómico tamén teñen en conta as necesidades en materia de augas residuais” e achegarán 776.000 para a EDAR de Burela, 500.000 para a de Foz e outros 500.000 para mellorar a EDAR de Viveiro e o saneamento en Celeiro. Ademais, “recóllense 400.000 euros para o consorcio de abastecemento de auga Cervo-Burela”, indica o parlamentario.
Mondoñedo, no seu caso, beneficiarase dos 183.000 euros contemplados nas partidas do plan Rexurbe que tamén se executará en Lugo e Vilalba. Xestur, pola súa banda, ten previsto actuar no parque empresarial da Pontenova con 75.000 euros.
Daniel Vega engade tamén que “a estes investimentos da Xunta na Mariña hai que engadir outras partidas xenéricas que elevarán visiblemente as achegas do Goberno autonómico para os concellos da comarca no 2019”. Como por exemplo os investimentos para o Servizo de Gardacostas que supera, en conxunto, os 2,1 millóns de euros.
Aumento do gasto social, impulso do emprego e baixada de impostos
Os populares inciden na multiplicación dos investimentos para a provincia en materia sanitaria, educativa e para infraestruturas “dando continuidade a proxectos xa iniciados ou ao impulso doutros de importancia para a provincia”.
Igualmente, dende o PP lucense poñen en valor que “as contas do Goberno galego impulsen a creación de emprego incentivando o investimento en pemes innovadores e iniciativas empresariais de base tecnolóxica e que incrementan o gasto social que suporá un aumento de 14 millóns nas partidas de dependencia e a ampliación do permiso de maternidade a 24 semanas, entre outras medidas”. Ademais, aumentan nun 5,2% os investimentos en infraestruturas, innovación e modernización.
Estes orzamentos aproban novas baixadas de impostos no Imposto de Sucesións para as herdanzas entre irmáns ou para mercar vivenda usada, entre outros. “Esta redución dos impostos que propón o Executivo galego merece ser subliñada fronte á suba dalgúns impostos, coma o do diésel, que propón o Goberno do Estado”. A este respecto, Vega asegura que “manter ou rebaixar os tributos permite ao Goberno galego impulsar políticas sociais”.



















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



