Ribadeo, 23 de outubro de 2018.- O PSOE de Ribadeo reclama ao Alcalde unha solución xa para o problema do servizo de recollida de lixo dos contedores amarelos no municipio. O Secretario Xeral do PSOE en Ribadeo, César Fernández Murias, denunciou este martes que “os veciños están fartos de aguantar malos cheiros e ver os contedores e as rúas cheas de desperdicios. Non imos tolerar que se sega xogando coa saúde dos cidadáns e coa imaxe de Ribadeo”.
Os socialistas critican que o Goberno do BNG anunciou que acabarían con este problema hai un mes, tras quedar suspendida temporalmente a recollida de cartón porque a empresa concesionaria do servizo non pode asumilo por problemas financeiros. O PSOE critica que o Concello, que era coñecedor desta situación hai 3 meses, non fixo nada. “Pola falta de organización tiveron que contratar de maneira urxente e excepcional a unha empresa para realizar a recollida selectiva dos contedores amarelos. Pero seguimos igual, porque levan unha semana sen facer o seu traballo, tanto no casco urbano como nas parroquias do rural”.
Fernández Murias reprobou a actitude do Alcalde “pois o problema persiste, nun servizo tan importante para o Concello, que pagamos todos os veciños e que non se está a cumprir. O deixamento e o total abandono do BNG está a prexudicar gravemente aos ribadenses. Dende o Partido Socialistas instamos ao goberno municipal a que se responsabilice e asuma o control do Concello. Isto non pode continuar así.”




















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



