Ribadeo, 23 de outubro de 2018. O Cine Teatro acolleu este mediodía a presentación do vídeoclip En paz (Ach dani), realizado durante o curso pasado polo alumnado de básica do CIFP Porta da Auga, por Adrián Yáñez, (Deep Riot), alumno do ciclo de Educación Infantil do mesmo centro, e por Youseff Selouane, tamén estudante. A edición deste traballo enmárcase dentro dun proxecto do Programa de Prevención de Drogodependencias e outros Trastornos Aditivos, do Concello de Ribadeo, e trata de falar do controvertido consumo de cannabis por parte da mocidade.
No acto desta maña participaron Deep Riot e Youseff, os autores da letra e intérpretes da canción deste vídeoclip, Naima Lamini, que foi a tradutora, Mónica Fernández Lamparte, responsable do Programa de Prevención de Drogodependencias, David Castro, de ElFarero Audivisuales, así como tamén a concelleira de Servizos Sociosanitarios, Sonia Meilán, e o alcalde, Fernando Suárez. Asistiu o alumnado de 4º de ESO dos centros de ensino ribadenses así como os participantes nesta rodaxe.
En paz (Ach Dni) pretende cocienciar á mocidade das negativas repercusión que ten nas súas vidas o consumo de cannabis ou doutras substancias estupefacientes. O vídeoclip foi colgado xa en Youtube, tras as súas presentacións e leva arestora da tarde centros de reproduccións.






















O Pazo de San Marcos acolleu a conferencia final, de Manuel Andrade Baliño, e a entrega de premios ás alumnas e alumnos que obtiveron mellores valoracións nas probas que realizaron, o xoves, individuais, na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, e o venres, por equipos, en Mondoñedo. A final do certame, cunha axenda complentaria que achegou ás rapazas e rapaces ao patrimonio e á cultura, celebrouse por primeira vez en Lugo da man da Asociación Galega de Profesorado de Matemáticas (Agapema) e coa colaboración da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación.
Por este motivo, o Concello recomenda ás persoas, colectivos e entidades que precisen facer uso dalgunha instalación municipal ou solicitar material que presenten as súas peticións coa antelación necesaria. A medida permitirá organizar adecuadamente a atención das solicitudes e a planificación dos recursos municipais.
Dentro desta programación, o martes 30 de xuño ás 11:00 celebrarase na Casa da Cultura unha charla divulgativa impartida pola astrofísica Lucía González Cuesta, aberta a toda a veciñanza. A iniciativa enmárcase no programa provincial que busca ofrecer información rigorosa e garantir unha observación segura. Durante a xornada repartiranse folletos e gafas homologadas. A alcaldesa, Marta Rouco, destaca o carácter histórico do eclipse e anima a participar para vivilo con seguridade. O Concello lembra que só deben empregarse gafas específicas para mirar ao sol e continuará colaborando en actividades divulgativas e sociais arredor deste acontecemento único.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.



