Nota de Prensa
Para a deputada popular Natalia Barros esta medida serviría para contraer aínda mais o consumo e pediu que o Goberno siga o exemplo dos 22 dos 27 estados membros da UE nos que xa se aplica unha tarifa reducida
O PARLAMENTO APROBA, A INICIATIVA DO PPDEG, INSTAR AO GOBERNO DO ESTADO PARA QUE EXIMA AO SECTOR TURÍSTICO GALEGO DO INCREMENTO DO IVE PREVISTO NESTE ANO XACOBEO
* A deputada popular defendeu a oportunidade de recuperación económica de Galicia que suporá o Xacobeo 2010, no que se estima un diferencial do 0,5% no PIB galego, o potencial transfronteirizo das empresas turísticas e os mais de dez millóns de visitantes, os que se verán prexudicados polo incremento do IVE
Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2010.- O Parlamento de Galicia aprobou, na reunión da Comisión de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo celebrada hoxe, unha iniciativa do PPdeG na que insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno central para que exima as empresas do sector turístico de Galicia do incremento previsto no IVE durante o Ano Xacobeo 2010. A deputada popular Natalia Barros criticou as medidas tributarias que está adoptando o Goberno de España “que non beneficiarán a recuperación económica” e en especial serán prexudiciais ao comercio e ao turismo “que son os sectores mais sensibles e provocará a perdida de competitividade do sector turístico de Galicia”.
Para Natalia Barros o diferencial positivo, que segundo o IGE será de medio punto, de crecemento para a economía galega en relación coa estatal para o exercicio 2010 debese, en boa parte, ao “efecto Xacobeo”, e estará ligado aos servizos. “O problema da suba do IVE é precisamente este, a suba de prezos que supón unha diminución no consumo, minorando este efecto positivo do Xacobeo 2010”.
Para a voceira de Turismo do PPdeG, esta suba do IVE pode ser a puntilla para moitos establecementos hoteleiros que xa asinaron a súa contratación para o 2010, fundamentalmente con operadores internacionais, co IVE incluído segundo os tipos actuais, polo que o aumento tería que ser asumido polos empresarios do sector, o que os fará claramente menos competitivos. “Moitas pequenas empresas do sector veranse na obriga de recortar gastos de onde sexa, de persoal, de mantemento ou de calquera outra partida xa que efectuaron a contratación de eventos con un ano de antelación, o que provocará unha merma na calidade dos servizos e mesmo mais destrución de emprego, nun sector que tradicionalmente é xerador de emprego”.
Natalia Barros indicou na súa intervención que xa nos 22 dos 27 estados membros da UE aplícase unha tarifa reducida “e competidores moi directos como Francia xa rebaixaron o IVE este verán, pasando ó 5,5% e Portugal ten establecido no 5% mentres que en España o tipo reducido pasará do 7 ao 8% e afectará a bens e servizos, transporte de viaxeiros, servizos de hostalería, entradas a espectáculos…etc“.
A deputada popular defendeu a oportunidade de recuperación económica de Galicia que suporá o Xacobeo 2010, no que se estima un diferencial do 0,5% no PIB galego, e o potencial transfronteirizo dun Ano Santo, que funcionará como exportador das empresas turísticas e do sector en xeral,ademais dos dez millóns de usuarios que visitarán Galicia e que se verán prexudicados polo incremento do IVE “no caso de que non se dé marcha atrás no incremento dos tipos de gravame do IVE previstos”. Natalia Barros considerou de suma importancia o aprazamento ou suspensión da súa aplicación ao sector turístico galego co obxecto de maximizar as oportunidade deste neste ano especial para a Comunidade Autónoma.
















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



