Lugo, 26 de outubro de 2018. A parlamentaria do BNG por Lugo, Olalla Rodil, anunciou a petición de comparecencia, no Parlamento Galego, da Secretaria Xeral de Igualdade e do Secretario Xeral de Educación para que expliquen que medidas vai tomar o Goberno Galego despois da sentenza do TSXG sobre a adxudicación dunha praza de maneira ilegal a unha familiar da Secretaria Xeral de Igualdade. Olalla Rodil informou que a sentenza do TSXG di que a praza adxudicada na Escola de Restauración foi creada ‘ad homine’ para unha cuñada de Susana López Abella.
Para o BNG os feitos probados pola sentenza son “gravísimos e describen un claro caso de nepotismo ou enchufismo, en definitiva, unha cacicada”. “Desde que se fixo público este caso no ano 2016 tanto o persoal da Escola de Restauración como a central sindical que interpuxo o recurso denuncian que a persoa adxudicataria posúe vínculos familiares coa Secretaria Xeral de Igualdade e que non era esta a primeira ocasión en que tentaron colocala no centro de ensino o que evidenciaría unha vontade clara de beneficiala valéndose da administración pública e do poder que o executivo posúe” explicou Rodil.
O 25 de outubro de 2018 o TSXG ditou sentenza arredor da denuncia presentada pola CIG-Ensino co gallo do concurso xeral de traslados que tivo lugar en 2016. A Xunta de Galiza, a través da Consellaría de Educación, adxudicou unha praza a unha docente –anterior directora do MUPEGA– para que impartise docencia na Escola de Restauración de Bens Culturais de Pontevedra. Previamente, en 2014, xa intentara incorporar de maneira irregular a mesma persoa a unha listaxe de interinos cando era funcionaria de carreira en Asturies. A administración fracasou, naquela altura, debido ás queixas presentadas por persoas prexudicadas con este proceso mais nomeouna directora do Museo Pedagóxico de Galiza, cargo de libre designación (ORDE do 13 de abril de 2015, DOG nº77).
De acordo coa sentenza do TSXG a praza adxudicada na Escola de Restauración foi creada ‘ad homine’ no que considera unha “torcida actuación” da administración ao crear especificamente unha praza dunha especialidade que non se imparte neste centro de ensino nin en Galiza (conservación e restauración de documento gráfico) e que tampuco foi reclamada pola Escola. O único obxectivo, pois, ao que respondeu a decisión foi o de colocar a beneficiaria. Xa en 2016 a Valedora do pobo, diante da queixa presentada pola CIG-Ensino, sinalou na súa resolución que “existen indicios suficientes para cuestionar a legalidade dos feitos, o que convertiría o acto administrativo que constitúe a adxudicación desta praza nun acto arbitrario”.

























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



