O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, entregou este sábado en Cervo os premios da VIII Liga Provincial de Piragüismo, que se celebrou durante os meses de maio a setembro nos Concellos de Lugo, Ribadeo, Cervo e Viveiro, reunindo a máis de 1.000 padexeiros. O Executivo Provincial achegou 20.000 euros para a celebración deste campionato, co que promove o deporte base, ademais de dinamizar a economía dos Concellos da provincia nos que se celebraron as seis probas das que consta a Liga.
























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



