A colocación de primeiras pedras anunciando o comezo de obras de interese público, é vella práctica nos políticos, pois trátase dunha das argucias mais demagóxicas, para amosar ós cidadáns a eficacia na xestión; e que polo tanto, non se arrisque votando a listas contrarias, en vindeiras eleccións. Estas actuacións, cun obxetivo claradamente electoralista;compañeiras de viaxe doutras formas semellantes, danse na efervescencia da loita polo poder que se persegue polo entramado político que, cada catro anos, da á cidadanía, a oportunidade de elexir,aos que os van a defraudar, como alguén dixera.
Confesamos o noso vello rexeitamento a tales usos; actitude que permañece en nós dende que ,sendo moi rapaz, e non en tempos democráticos precisamente, vivimos a experiencia da solemne colocación de primeira pedra, que resultaría frustrante para unha mente infantil que, dada a súa bisoñez, iñoraba o embuste da crase política; nunca apareceo a segunda pedra do que en teoría, se inauguraban as obras do edificio para Casa do Concello e Xulgado.
O acto revestira a parafernalia do Réxime, e foi acaso o que deslumbrou a aquel rapaciño que asistía atónito, coma tódolos pícaros das escolas,á xuntanza de tanto político, militar, relixoso, civil… moitos con uniforme,do que penduraban certas medallas.¡Nunca tal vira…!
A acta do acontecemento dí: “ En la villa de Foz, a 15-noviembre-1945; reunidos, bajo la presidencia del Exmo. Sr. Gobernador Civil, don Santiago Vallejo; el Excmo. y Rvdmo. Sr.Obispo de la Diócesis de Oviedo, don Benjamín de Arriba y Castro; Ilmo. Sr. Delegado de Trabajo, don Joaquín Perejón; Delegado Provincial de Sindicatos, don Eduardo García; Sr. Alcalde, don Francisco Maañón; Juez Comarcal, don Benito Alonso; Sr. Cura Párroco, don Atilano Novo y demás autoridades eclesiásticas, civiles y militares; con gran concurrencia de público y mi asistencia, el secretario de este ayuntamiento, se procedió a la solemne bendición de la primera piedra del edificio Casa Consistorial y Juzgado Comarcal, procediéndose por el Exmo. Sr. Gobernador a su colocación en el solar, en la Avda. Alférez Segundo Vázquez. Con la voz de “iFranco, Franco, Franco!; iArriba España!, que pronunció el Gobernador Civil , contestada con entusiasmo por el público, finalizó el acto.”
Nunca mais se soubo do edificio programado; o recordo da frustración infantil permañeceo na nosa memoria; a tal punto que pasados anos, rematado o bacherelato, aos imberbes dazasete anos que iniciamos a nosa andaina escribindo nos xornais, un dos primeiros artigos que asinamos titulábase: “¡PRIMEIRAS PEDRAS…NON!..”
Ditosamente, no espazo que ía para Casa Consistorial ; tempo mais tarde, levantouse o que hoxendía coñecemos por Colexo Público nº 1. De tódolos xeitos ,e ben mirado, deixando de lado cuestións de pura estética, a penas mudaron certos modos e maneiras.…


















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



