Podemos e a súa socia secundaria, IU, queren liquidar En Marea, converténdoo nun apéndice galego subordinado. O chocante é que conten para ilo coa ferramenta de Anova.
No outono de 2015 as plataformas cidadás Iniciativa pola Unión e Encontro pola Marea Galega tentaron construir unha grande candidatura galega de progreso e foron vetadas por unha coalición entre os cumios políticos de Podemos, EU a Anova para as eleccións estatais de decembro, no canto de formar unha estrutura unitaria onde puidesen participar os milleiros de cidadáns adherídos ás devanditas plataformas cidadás.
No verán de 2016 fundouse En Marea como organización nacional galega, soberana e de adscrición individual, que habería asumir todo o espazo político xerado pola mobilización cidadá previa. En Marea como organización unitaria foi a fórmula nas eleccións galegas de 2016, liderada por Luis Villares. Mais os cinco deputados estatais de En Marea integraron o grupo de Unidos Podemos no canto de optar, canda Compromìs, por cumprir co seu electorado e formar subgrupo autónomo no Grupo Mixto. A visualización desta coalición como forza galega foi un grandísimo fracaso. Para máis, na asemblea de En Marea do pasado 27, catro dos cinco deputados mareantes refugaron render contas por mor da súa obediencia tripartita no canto da mareante, vulnerando abertamente a proposta Beiras que lles vinculaba.
Porén, das resultas desta operación , os deputados estatais de En Marea xeran 800.000 €/ano que reparten a terzos Anova, Podemos e EU. Estes dous últimos fornecen con eses cartos as súas necesidades estatais. Na sede de Podemos de Madrid hai máis de cen liberados, financiados tamèn cos votos galegos.
Na súa xuntanza fundacional do verán de 2016 e nas súas seguintes xuntanzas congresuais En Marea definiuse como organización nacional galega e soberana. Mais o pasado 27-Ou, cunha diferenza de dous votos, impúxose una Mesa congresual que admitiu ulteriormente como votantes ducias de persoas que non pertencían ao censo. Deste xeito, Anova apoiaba a ofensiva de Podemos-IU para neutralizar calquera organización autónoma galega e subordinar En Marea ao proxecto estatal e personalista de Pablo Iglesias.
En Marea xoga a súa supervivencia como forza galega nas vindeiras primarias, así como a súa capacidade de lle dar canle política á pluralidade e á transversalidade da sociedade galega.



















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.