Mondoñedo, 9 de novembro de 2018.- O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, comprobou hoxe o avance nos traballos de musealización da Casa-Museo de Álvaro Cunqueiro, que rematarán a final de ano. Con este obxectivo a Xunta mobilizou máis de 120.000 euros a través dun convenio entre a Consellería e o concello de Mondoñedo asinado o pasado xullo.
En concreto, a actuación inclúe unha parte dotacional que abrangue a adquisición de equipos audiovisuais, a instalación do sistema de seguridade e accesibilidade do centro, a produción de contidos gráficos e audiovisuais, así como da moblaxe específica para o espazo expositivo; e outra parte de documentación e deseño de contidos da musealización do fogar de Cunqueiro.
Román Rodríguez lembrou que o proxecto dun museo para o príncipe das letras mindonienses é unha aspiración colectiva do pobo de Mondoñedo. Neste sentido, afirmou que esta casa museo será un novo referente no eido do turismo literario para Galicia, recordando que Mondoñedo e a praza da Catedral son puntos principais dos Camiños do Norte, incluídos na lista do Patrimonio Mundial da UNESCO.
Preto dun millón de euros na Catedral
Precisamente, o conselleiro tamén aproveitou para trasladarse á Catedral de Mondoñedo, onde o seu departamento realizou dúas intervencións, que mobilizaron un orzamento próximo ao millón de euros, este 2018.
En primeiro lugar, o pasado mes de abril remataron os traballos de restauración da primeira actuación, na casa dos Cóengos, na que se investiron preto de 280.000 euros. En concreto, as obras consistiron na consolidación e reforzo dos muros de carga, reposición nas zonas deterioradas e da estrutura da cuberta. Restaurouse tamén o entaboado de madeira, a escaleira e as carpinterías exteriores, ademais de dotar ao edificio de preinstalación eléctrica.
Pola súa banda, a segunda actuación, rematada no mes de agosto, centrouse na restauración da cuberta da basílica e do claustro. Cun orzamento de 649.608,15 €, as necesidades que se cubriron están relacionadas coas filtracións de auga por defectos construtivos e as malas solucións de deseño en ambas as dúas zonas de intervención.
Os traballos máis importantes que se desenvolveron serviron para reparar a zona dos apoios nas cerchas, así como a substitución completa ou parcial das mesmas. Tamén se eliminou a parte de madeira danada, que se repuxo mediante pezas de carballo; retirouse a parte da albura afectada polo caruncho nas cerchas, pontóns e durmintes. Así mesmo, tamén se desmontaron, acondicionaron e recolocáronse os pontóns existentes e substituíronse un 25% dos mesmos. Tamén se cambiou o sistema de cubrición.
Ademais, no claustro procedeuse á substitución das ripias e lousas por outras de similares características ás do resto do templo; desmontáronse as cornixas e balaustradas para a súa posterior recuperación; substituíronse os lucernarios e limpáronse a fachada.
Durante a visita, o conselleiro estivo acompañado pola alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia; e pola directora xeral do Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Insua.











A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



