Foz, 10 de novembro de 2018.- Militantes da Mariña mantiveron este sábado en Foz o Encontro Comarcal para poñer en común as principais demandas veciñais que o PP na Xunta de Galicia segue sen cumprir despois dunha década. Pois non as executou durante todo este tempo, aínda de figuraren partidas económicas en distintos presupostos autonómicos e comprometerse reiteradamente e de xeito público coas mesmas; ou nin tan sequera ten previsión algunha de facelas e non as dota de fondos. Os socialistas avaliaron cada unha delas, defendendo os intereses e necesidades de todos os mariñás, de cara á elaboración de emendas ao Orzamento da Xunta 2019.
As 40 principais demandas dos veciños da Mariña que recompilaron os socialistas son: ao respecto do Hospital da Costa, esixen a dotación de fondos para contar cos medios humanos e prestacións sanitarias que requiren todos os veciños da Mariña. Pois é evidentes que non hai médicos/especialistas nin os servizos de atención necesarios. Os mariñáns teñen que acudir a Lugo ata para cambiar a pila dun marcapasos, entre outros moitísimos máis exemplos que evidencian a precariedade da atención sanitaria pública. Transporte metropolitano público: os socialistas están pendentes do plan da Xunta pois reclaman o reforzo deste servizo tras o importante recorte de liñas que xa levou a cabo o Goberno galego do PP.
Alfoz
– Arranxo integral do colexio público Castro de Ouro.
– Dotación dunha rotonda na LU-160 para acceder ao IES Alfoz Valadouro e á gasolineira que se atopa na zona.
– Remate da senda peonil que vai dende Alfoz ao Valadouro.
– Mellora integral da rede de saneamento e abastecemento. É un proxecto compartido co Concello do Valadouro redactado hai máis de 5 anos.
– Execución do proxecto de dotación dunha área industrial.
– Limpeza de ríos. Nada se fixo dende que o PP está na Xunta. Tampouco deixa a Concellos, facer nada, pois múltaos. Isto provoca inundacións que afectan a vivendas, terreos agrarios e forestais, ao tempo que priva a produción pesqueira.
A Pontenova
– Arranxo dun treito de 5 quilómetros da LU-741 que une a Pontenova e A Fonsagrada.
– Fondos para cubrir a xubilación dun médico no centro de saúde.
Barreiros
– Remate da pasarela que une as dúas edificacións do colexio de San Miguel de Reinante.
– Fondos e execución do proxecto da EDAR de San Miguel de Reinante.
– Proxecto de dotación e mellora do saneamento integral. Hai 4 parroquias que non teñen e outras 4 sen rematar ou en pésimas condicións.
– Limpeza e conservación do Masma e dos case 10 regos que abastecen de auga aos veciños.
– Dragado na ría do Masma.
– Fondos para que o centro de saúde conte cun médico de atención primaria máis, pois dende hai máis de 1 ano non se cubre unha baixa en detrimento da atención sanitaria dos veciños.
Burela
– Arranxo integral do colexio Virxe do Carme.
– Fondos para a dotación dun novo pavillón deportivo ou cando menos para unha ampla reforma do existente. Hai fondos europeos sen executar e que se poden perder precisamente por non avanzar nin realizar esta iniciativa.
– Fondos para a execución da nova EDAR de Burela, redacción do proxecto definitivo e inicio das obras.
– Fondos e execución do proxecto do martelo de protección do Porto de Burela.
Cervo
– Dragado do embalse de Rúa. Trátase dun actuación comprometida e nunca realizada. É necesaria pois hoxe a capacidade do embalse reduciuse á metade debido aos lodos ou á area. Este embalse proporciona o suministro de auga potable aos veciños de Cervo e tamén de Burela.
Foz
– Ampliación das instalacións das escolas infantís de Foz, pois non hai prazas suficientes para cubrir a demanda existente. Os socialistas conseguiron a unanimidade do Pleno municipal para esixir estas actuacións á Xunta de Galicia, pero nada se fixo ata entón.
– Fondos e execución do proxecto para a dotación da nova EDAR de Foz. Hai fondos europeos sen executar que precisamente se poden perder por non avanzar nin realizar esta iniciativa.
– Restauración e modificación da bocana, dragado, amarres e ampliación dos servizos do porto Tupide.
– Arranxo do muro de contención da LU-151 de Fazouro-San Acisclo, outra proposta que os socialistas levaron ao Pleno municipal, conseguindo a unanimidade e sen realizar.
Lourenzá
– Mellorar o pavillón polideportivo.
– Adquisición de mobiliario e cuberta das escaleiras que dan acceso ao colexio Juan Rey.
Ourol
– Proxecto de construción dunha residencia da terceira idade, dotación social que demandan os veciños e defenden os socialistas.
– Arranxo das rotondas da LU-540 ao seu paso por Ourol debido á perigosidade nas mesmas. Rexistráronse varios sinistros na zona polo seu estado.
– Dotación dun acceso dende á LU-540 á saída do viaduto (dirección Viveiro) que conecte directamente co centro urbano de Ourol
Ribadeo
– Renovación do sistema de traída de auga e dotación dun novo depósito de auga. Hai terreos municipais -que se compraron- para estes traballos.
– Dotación dun novo campo de fútbol.
– Mellorar o dragado da ría de Ribadeo.
Trabada:
– Saneamentos e EDAR no núcleo de A Rabexa (Ría de Abres) e Igrexa (Sante).
– Abastecemento de auga a varios núcleos rurais.
– Mellora de accesos á LU-132 a partires do punto quilométrico 12,580
– Musealización da antiga escola para centro etnográfico.
– Instalación dunha pista de padel cuberta e graderío.
O Valadouro
– Acondicionamento da estrada LU-161 do Valadouro a Viveiro, pois hai zonas ata sen pavimento.
– Mellora da rede de abastecemento e saneamento. Trátase dun proxecto compartido co Concello de Alfoz redactado dende hai máis de 5 anos e sen executar. Nada se sabe dende 2013.
– Remate da senda peonil que une Alfoz ao Valadouro.
– Desbloquear os fondos para o PXOM, pois a Xunta pospón a execución destes ano tras ano sen rematar o plan.
– Limpeza de ríos.
– Fondos para que o centro de saúde conte cun pediatra. Si o había cando no colexio do Valadouro había 70 cativos e hoxe non con 140 nenos. As familias desprázanse a Foz onde hai un único pediatra para toda a Comarca e a media xornada. En ocasións, teñen que desprazarse ao PAC de Burela onde os atende un médico de familia, non un pediatra.
Viveiro, actuacións que comprometeron en distintos orzamentos e nunca executaron
– Derribo dos galpóns do peirao de Celeiro e acondicionamento do espazo que quede libre.
– Execución da Vía de Altas Prestacións da Mariña.
– Saneamento de Celeiro.
– Depuradora de Viveiro.



















Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.



