Alfoz 18-11-18. O vindeiro sábado, día 24 de novembro, no Pavillón Municipal de Alfoz, ás 17,00 horas, inauguraranse as Primeiras Olimpíadas da Mariña Central. Celebrarase nesta primeira xornada a Proba Cultural. Arredor de 70 veciños dos concellos de Burela, Cervo, Foz, Barreiros, Mondoñedo, Lourenzá, Valadouro e Alfoz competirán amistosamente nos xogos do “Un dous tres”, “Trivial” e “Stop”. Prégovos, se é posible, que lle deades cobertura mediática ó evento, posto que supón un acontecemento importante no intento de unidade da Mariña Lucense. A competición continuará os vindeiros días 1 de decembro (Proba Artística, en Burela), 6 de decembro (Fútbol Sala, en Foz) e 15 de decembro (Xogos Populares, en Mondoñedo). Gustaríame, se é posible, que vos fixerades eco dos resultados que se van producindo cada día, a fin de crear espírito competitivo e emoción, posto que a clasificación variará cada xornada en función dos resultados.
Para o acto inaugural do día 24, que consistirá en varios discursos e o tradicional desfile coas bandeiras dos concellos, contaremos coa presenza da case totalidade dos alcaldes dos oito concellos e esperamos contar con numeroso público que aumente a emoción do evento.
O acto estará presentado por Beatriz Yáñez (xornalista de Alfoz) e Pepe Peinó (Presidente do Seminario de Estudos do Valadouro). O Xurado, finalmente, estará formado por Celso Currás (Inspector de Educación e Ex Conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia), Pilar García Porto (Delegada de Cultura da Deputación Provincial de Lugo), Francisco Rodríguez Lestegás (Decano da Facultade de Formación do Profesorado de Lugo) e Pablo Villapol (Responsable do xornal El Progreso na zona da Mariña).
Igualmente, durante o acto contaremos coa actuación da cantante alfocense, da parroquia de Bacoi, Almudena Cuadrado.
Todo isto é posible grazas ó enorme traballo dunha chea de asociacións e colaboradores da Mariña que, pese a múltiples dificultades xurdidas, conseguiron reunir xente e organizar a competición.
Os actos do día 24 seguirán o seguinte guión:
– Audición do Himno Olímpico, do compositor Jorge Olivera.
– Desfile dos 8 equipos e presentación dos participantes.
– Pequeno discurso dos Alcaldes.
– Discurso de Jorge Val, Alcalde de Alfoz, que declarará inauguradas estas Primeiras Olimpíadas da Mariña Central.
– Agradecementos ós colaboradores.
– Almudena Cuadrado interpretará o tema musical “Xuntos”, de Juan Pardo, con todos os equipos arredor.
– Celebración da Proba do “Un dous tres”.
– Celebración da Proba do “Trivial”
– Celebración da Proba do “Stop”.
– Actuación de Almudena Cuadrado, mentres o Xurado se retira a contabilizar os resultados da proba do “Stop” e os resultados de toda a xornada.
– Publicación dos resultados da Proba Cultural.
– Reparto de diplomas e medallas. Haberá medallas de ouro, prata e bronce para os participantes dos tres primeiros equipos clasificados.
– Clausura da primeira xornada.























Unha actividade organizada pola Asociación Cultural pensada para promocionar os produtos de proximidade e da artesáns, nun ambiente lúdico e festivo. Produtos de horta, conservas, mel, requeixo, plantas ornamentais ou bisuteria son algúns dos produtos que se podían encontrar no mercado, que contou tamén con outras actividades como bautismos hípicos. A Vicepresidencia da Deputación colaborou un ano máis na programación do mercado cun obradoiro de coiro e animación musical.
A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



