Os feitos delituosos tiveron lugar ao redor das 20.00 horas do pasado día 27, cando a persoa investigada realizou un grafiti na fachada dun inmoble situado no termo municipal de Ribadeo. No... Ler máis
As palestras teñen lugar no Hotel Voar de Ribadeo. A seguinte, e derradeira, será a de Isabel Díaz Ayuso (14 de febreiro). Ler máis
Os feitos tiveron lugar o pasado día de Reis cando un técnico estacionou unha ambulancia no aparcadoiro habilitado no hospital da Mariña, deixando na consola do vehículo a súa carteira parti... Ler máis
Este curso ten por obxecto formar a familias, educadores e a calquera persoa interesada na identificación de sinais de alerta, promovendo o uso seguro de internet e sinalando estratexias efe... Ler máis
Resultaron gañadores na fase local os traballos presentados por: Lily Fernández López, de 8 anos. Xela Fernández Fernández, de 11 anos. Recibiron un diploma e cadanseu lote de libros. Os tra... Ler máis
Este sábado, 1 de febreiro de 2025, ás 21,00 horas, o grupo teatral “O Centiño” de San Martiño representará no salón de actos da Casa da Cultura de Trabada a súa obra “A Mo... Ler máis
“A súa pegada quedará para sempre en Ribadeo”, subliñan desde o Concello. E destacan que “ambas estatuas, ademais de seren un emblema desta vila, son un reclamo turístico moi importante”. Ler máis
Esta iniciativa, deseñada para todas as idades pero especialmente dirixida ás persoas maiores, comezará o 1 de febreiro en Baleo e desenvolverase os sábados en horario de 18:00 a 21:00, ofre... Ler máis
O operativo policial iniciouse o pasado sábado cando, tras levar a cabo a identificación do presunto autor por unha requisitoria xudicial en vigor de detención, comparecencia e ingreso en ce... Ler máis
Sábado moi animado no local social de Lieiro da man do Dúo Dilema que portagonizaron un novo Guateque de Arruguiñas coa colaboración da asociación de veciños Nosa Señora de Lieiro. Ler máis
Sucedeu ás 06:30 horas deste domingo na Avenida de Arcadio Pardiñas, o forte vento desprendeu varias chapas dun tellado que acabaron sobre as vías do tren, facéndoas intransitables. A circul... Ler máis
Con motivo desta celebración, acercáronse ao seu domicilio a alcaldesa, Efigenia Maseda, acompañada polo Concelleiro de Educación, Igualdade e Participación, Eliseo Lorenzo, como representan... Ler máis
Houbo misa, sesión vermú, xantar, bingo, xogos, sorteos e sorpresas. A carón da veciñas e dos veciños, no pavillón polideportivo de Cubelas, estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira d... Ler máis
Será dentro do programa de difusión cultural ADRAL, que promove a Xunta de Confrarías da Semana Santa. A cita será ás 20.30 h. Entradas en ATAQUILLA e venda física na Oficina de Turismo. Ler máis
A deriva da rede social propiedade de Elon Musk non é acorde cos principios do noso medio independente que rexeita o feixismo, polo que os contidos que antes se difundían pola manipuladora X... Ler máis
Os deputados que participaron nesta edición son Antonio Ameijide, José Ángel Santos, Armando Castosa, José Pardo, Luis Fernández, Héctor Corujo, Clemente Iglesias e José María Fernández. O v... Ler máis
Durante a estancia aloxaranse coas familias de acollida e gozarán dun amplo programa de actividades e visitas. O desprazamento será en autobús, con parada intermedia para durmir. Para máis i... Ler máis
Baixo a chuvia percorreron de Vilacampa á Arca das sinais, o Dolmen e a fervenza de Torez. Ler máis
Estivo arrufado polo Dúo Caramelo e organizado polo Concello de Cervo coa colaboración da asoc. de Xubilados Terramar. Ler máis
Na capital francesa, participan nas súas clases prácticas, traballando tanto na cociña como na sala. Este instituto colabora co IES de Foz dende 2017, tanto recibindo como enviando alumnado... Ler máis
Son case 5 kms que potencian o valor natural do concello: o Sendeiro Azul “O Torno”, Sendeiro Azul “Cubelas – O Rego” e Sendeiro Azul “Río de Lavar... Ler máis
A obra conta a historia de este grupo de mozas gaiteiras que se formou a principios dos anos sesenta, primeiro en España e posiblemente en Europa, dende os seus inicios, formación, saídas, r... Ler máis
Os preto de 50 estudantes fixeron unha visita polos distintos departamentos na que puideron descubrir o traballo que se desenvolve dende o arquivo, a redacción, a sala de cámaras as mesas de... Ler máis
Os restos serán agora biotriturados para converterse en acolchado de macizo das plantas, creando un abono orgánico que axudará a reducir a aparición de malas herbas e o uso de abonos e herbi... Ler máis
Será no ximnasio STEP, o primeiro de Ioga e o segundo de Salsa. A polifacética artista está especializada en baile, ioga, teatro, canto, dobraxe de voces e incluso recentemente presentou na... Ler máis
O conselleiro do Mar asistiu ao partido entre CD Burela FS e Noia Portus Apostoli. Ler máis
Máis dun centenar de persoas acudiron ao acto que presentou o Alcade, Francisco Javier Vinjoy Valea; e o presidente do club de vela, Javier Gallego. O peche púxoo Cidre Fernández, xenealoxis... Ler máis
















A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.



