Foz, 14 de xaneiro de 2025. O grupo municipal socialista de Foz pídelle ao voceiro local do Partido Popular máis respecto e mostra a súa repulsa ás declaracións “insultantes e destrutivas de... Ler máis
Así o opinan os populares tras a ruptura do goberno de coalición de Foz pola saída do BNG do mesmo Foz, 14 de xaneiro de 2025. O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular de Foz, Javier... Ler máis
Foz, 12 de xaneiro de 2025. O grupo municipal socialista de Foz coñeceu onte, sábado, á tarde pola prensa a decisión do BNG de abandonar as súas competencias e por conseguinte deixar o gober... Ler máis
Foz, 11 de xaneiro, 2025. O BNG decidiu abandora o goberno de coalición cos socialistas en Foz. Explican que “a responsabilidade e o compromiso cos veciños de Foz é o que nos moveu a a... Ler máis
Foz, 11 de xaneiro de 2025. O alcalde de Foz, Fran Cajoto, anuncia que a vindeira semana iniciará unha rolda de contactos co comité de empresa de Pescados Rubén, coa dirección da firma e con... Ler máis
Foz, 10 de xaneiro de 2025. A concelleira Inés López Couto afirma que o líder do PP de Foz “quere politizar e desprestixiar o Entroido de todos”. “A última ocorrencia do señor Castiñeira par... Ler máis
“Porque lle queremos ao Entroido e porque estamos obrigados a velar pola seguridade dos nosos veciños, solicitámoslle a Cajoto que recapacite e que busque outra ubicación”, finaliza o voceir... Ler máis
Foz, 8 de xaneiro de 2025. AciaFozCCA fixo realidade hoxe os dez desexos de Nadal. Esta mañá, en Radio Foz, tivo lugar o sorteo de 10 vales de compra por importe de 100 euros cada un. Os núm... Ler máis
Na actualidade viña desempeñando a xefatura do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal no departamento territorial de Lugo da Consellería de Política Social e Igualdade Santiago de Compos... Ler máis
Foz, 4 de xaneiro de 2025. O Concello de Foz está pendente das previsións meteorolóxicas para que as súas maxestades os Reis Magos de Oriente poidan chegar a Foz e repartir os agasallos de f... Ler máis
Javier Castiñeira lamenta que “PSOE e BNG se apuraran moito para subir impostos pero que non sexan capaces de sacar adiante os contratos que están caducados e q ue lle están custando moitos... Ler máis
Foz, 31 de decembro de 2024. O Concello de Foz entregou este luns, día 30 de decembro, os premios aos participantes no concurso de postais de Nadal que convoca todos os anos a Biblioteca Mun... Ler máis
Foz, 29 Decembro, 2024. Foi trasladada en ambulancia ao Hospital da Costa. No vehículo tamén viaxaba un menor, que resultou ileso. Contra as 15:30 horas, un particular chamou ao 112 Galicia... Ler máis
Balseiro amósase sorprendido porque os alcaldes destas localidades non lideren esta demanda ante o Ministerio pois acumulan queixas dos veciños e usuarios da vía A Mariña, 28 de decembro de... Ler máis
Foz, 8 Decembro, 2024. No momento do accidente, no convoi só viaxaban o maquinista e o interventor. Cubría o traxecto Ribadeo – Ferrol e a liña ferroviaria permanece cortada entre aquela loc... Ler máis
A Xunta de Goberno vén de dar luz verde á listaxe de beneficiarias do programa de Dotación e Mellora de Servizos Comunitarios que recibirán entre 1.000 e 6.000€ para mellorar redes de abaste... Ler máis
Lugo, 26 de decembro de 2024. O Deputado de Recursos Sostibles e Alcalde de Foz, Francisco Cajoto Caserío, participou este xoves xunto ás gañadoras mariñás da campaña Merca en Nadal, Merca e... Ler máis
Foz, 26 de decembro de 2024. O alcalde de Foz, Fran Cajoto, informa que a concelleira nacionalista Zoraida Coira é a nova responsable da xestión da Residencia e Centro de Día de Foz desde o... Ler máis
Foz, 24 de decembro de 2024. O vindeiro xoves, 26 de decembro, as gañadoras da campaña Regala Nadal, Merca en Local, que tivo lugar hai uns días en Foz, consumirán os seus premios nunha tard... Ler máis
Foz, 21 de decembro de 2024. A Aula Universitaria da UNED de Foz comeza o ano 2024 con dúas actividades destacadas que combinan ciencia e cultura, dirixidas tanto ao público xeral como á com... Ler máis
José Antonio Álvarez deu conta de significativos avances nas últimas semanas no proceso de devolución ao Estado do solo portuario que non rexistra actividade sectorial co obxectivo de que a... Ler máis
Foz, 20 de decembro de 2024. Foz ten unha nova centenaria, María Esther López-Leitón Otero, que foi directora da primeira gardería focega durante 38 anos. O alcalde, Fran Cajoto, e a concell... Ler máis
“Son moitos os veciños que nos trasladan a súa inquietude e enfado ante a situación política do municipio que se está a traducir nunha inacción absoluta do goberno local”, afirma o voceiro p... Ler máis
Foz, 19 de Decembro de 2024. A Plataforma de Afectados Subida Abusiva de Tarifas da Residencia e Centro de Dia de Foz solicita unha reunión co Alcalde para recibir información sobre a situac... Ler máis
Foz, 19 de decembro de 2024. A Concellería de Relacións Institucionais, Comunicación e Agenda2030 conseguiu un financiamento de 12.632,40 euros para desenvolver un innovador proxecto turísti... Ler máis
Foz, 18 de decembro de 2024. O Deputado de Recursos Sostibles e Alcalde de Foz, Francisco Cajoto Caserío, participou este mércores na festa da campaña Regala en Nadal, Merca en Local que tiv... Ler máis
Lara Méndez considera “inaudito e vergoñento” que os concellos teñan que pagar polo uso dos terreos e asumir o seu mantemento mentres Portos cobra e pon trabas polo uso aos que non son do PP... Ler máis
Foz, 17 de decembro de 2024. Hoxe, martes, o alcalde de Foz, Fran Cajoto, clausurou, xunto aos rexedores municipais de Alfoz e O Valadouro e ao delegado territorial da Xunta, o obradoiro de... Ler máis















A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.



