BURELA .- O director da escola deportiva laranxa, Alfonso Mera, responsabilizarase da preparación física do Burela FSF Pescados Rubén en 2010-11, xunto á xestión das categorías inferiores. O... Ler máis
BURELA .- Cunha peculiar mestura de aires do sur e da meseta, Adri Gaona, ala-peche gaditano procedente do Extremadura Cáceres 2016, vive os seus primeiros días coa elástica laranxa moi moti... Ler máis
BURELA .- O equipo Puteu Bravo, de Burela, foi o gañador do torneo de fútbol praia sub-16 disputado no areal do Portelo esta semana, baixo a organización do CD Burela FS e en colaboración co... Ler máis
BURELA .- O Club Ciclista Burela organiza o primeiro Desafío en BTT que terá lugar o vindeiro sábado dia 7 de agosto. A proba dará comenzo as 8:30 horas e os ciclistas terán ata as 19:00 ho... Ler máis
BURELA (FNC) .- Desde a Delegación de Deportes de Burela “queremos dar os parabéns ás xogadoras do Burela F.S. feminino polo seu ascenso á división de honra esta fin de semana”, di Neves Can... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- Ribadeo acolle este xoves a súa fase local de fútbol sub 16 e sub 19 da Compostela Cup do Camiño 2009 que organizan a Fundación Compostela Deporte e o Concello. A xornada co... Ler máis
O Burela FS Pescados Rubén rematou nesta temporada a súa andaina no play off de ascenso a División de Honra o caer por 2-5 no pavillón Vista Alegre ante o Pinto FS. No primeiro encontro o eq... Ler máis

















Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
A última xornada tivo lugar o sábado 7 de marzo no Local Social, coa disputa da final entre as dúas parellas clasificadas. A continuación celebrouse a tradicional cea e a entrega de premios ás tres primeiras parellas. Os equipos gañadores foron: 1º posto: Carlos e Toñito. 2º posto: Eladio e Santi. 3º posto: Tomás e Demetrio. A Xunta Directiva agradece a excelente acollida desta edición e expresa o seu desexo de seguir contando coa participación de todos nas vindeiras convocatorias.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.



