Nota de Prensa O CAMPO DE FÚTBOL DE HERBA NATURAL DE A MAROSA ESTÁ LISTO PARA ACOLLER O PRIMEIRO PARTIDO DE LIGA. Burela, 30 de agosto de 2010. O campo de fútbol de herba natural de A Maros... Ler máis
BURELA (FNC) .- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, visitou as obras do campo de herba artificial da Marosa. O Concello dotarao de auga e de corrente trifásica para mover unha bomba de rego.... Ler máis
BURELA (FNC).- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, e o concelleiro de Obras, Pascual Doménech, mantiveron un encontro con responsables de Costas para facer un seguimento das obras que este d... Ler máis
Domingo clausurouse en Cervo IV Xornada de Terapia Asistida con Animais na Sala de Exposición de Sargadelos dónde a concelleira Yolanda Pereira entregará diplomas. Nesta actividade colabor... Ler máis
Nota de Prensa O GMPP asegura que o alcalde non quere apoiar ás familias máis desfavorecidas. Os populares consideran que baixa a contribución pola presión popular. Afirman que o bigoberno d... Ler máis
O PP ve parado o saneamento na estrada da Marosa por falta de xestión do alcalde de Burela BURELA .- O portavoz do PP no concello de Burela, José María González Barcia, asegura que “as... Ler máis















A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



