- O talento local protagoniza a antesala da Mostra de Teatro Galego de Cariño co espectáculo ‘Ás 12’
Será a primeira vez que un grupo amateur formado por nenos e nenas das actividades extraescolares municipais actúe no marco da Mostra. O espectáculo representarase o sábado, 2 de agosto, no Auditorio Municipal ás 12:00 horas, con entrada libre ata completar aforo.
- Mariña Patrimonio organiza unha charla sobre patrimonio inmaterial,“Os hórreos, altares do vento,” no Museo do Mar de San Cibrao
Será o martes, 6 de agosto ás 18:30 h. Nesta ocasión, a relatora Ana Filgueiras, arqueóloga e antropóloga, falará sobre estas construcións tradicionais galegas que, alén do seu uso agrícola, agochan significados simbólicos e culturais de gran valor. Filgueiras colabora con universidades e institucións na investigación e difusión do patrimonio inmaterial en Galicia, Portugal, Francia e Suíza. O seu traballo céntrase especialmente nas tradicións, os nomes de lugar e as antigas demarcacións territoriais.
- Día dos Avós no CDR de Cervo
A alcaldesa Dolores García Caramés estivo este xoves compartindo un fermoso momento coas persoas usuarias do Centro de Día Residencia, con motivo da celebración do Día dos Avós. Unha xornada chea de agarimo, recoñecemeento e gratitude cara aos nosos maiores, piares fundamentais da nosa sociedade.
- Mondoñedo arranca agosto con paella popular no Petisco, degustación de Mondopizzas en O Porriño e de embutido de León en O Rincón, este venres
E ademais unha noite musical con variedade de estilos que deleitaran a todo o público que se achegue a este prometedor serán de lecer continuando cunha noite de estrelas na cidade das mil historias que vivir. Emilio Rúa actuará na Pza do Concello ás 20h. Hugo Torreiro e Carlos Bau na terraza do Petisco/Porriño a partir das 20.30; e por último na Terraza do Rincón, Viti Gutier ás 23 horas.
- Excursión de fin de curso á granxa escola Ría do Eo (Castropol)
As crianzas da escola infantil municipal de Cervo acompañadas das súas familias e do persoal do centro, gozaron dunha xornada inesquecible en contacto coa natureza. Montaron a cabalo, plantaron, fixeron pan, visitaron aos animais da granxa (galiñas, coellos, cabras…) e mesmo os alimentaron. Para rematar, compartiron un delicioso picnic todos/as xuntos/as. Un día cheo de aprendizaxes, convivencia e moita alegría, onde crianzas e familias compartiron experiencias e reforzaron os lazos da nosa comunidade educativa.
- A segunda Festa do Mexillón, celebrada en Barreiros o pasado sábado, foi todo un éxito
En total foron servidas 850 racións de comida (mexillóns e lacón cocido, acompañados de pan, viño e auga). O evento, organizado polo Celta Barreiros, contou con animación musical desde as sete da tarde e ata o fin de festa. O club agradece a colaboración dos Concellos de Foz e de Barreiros “que nos prestaron mesas, cadeiras e un grupo electróxeno” e da as grazas “a todas as veciñas e veciños de Barreiros, que nos acompañaron o sábado así como aos veraneantes, que decidiron pasar un rato moi agradable entre nós e así apoiar ao Celta Barreiros”.
- Festas de Sumoas, Xove
A Asociación de Festejos Rodraguel de Sumoas invita a veciños e visitantes a acercarse esta fin de semana a gozar das festas patronais da sua parroquia, na honra a San Antón, empezando xa o venres, 1 de agosto, cunha gran churrascada. Este luns tivo lugar a presentación do cartaz onde estivo presente Leandro Quelle e José Manuel Franco como membros da comisión organizadora, acompañados polo alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e a concelleira de cultura, Mª Dolores Meitín.