- Galego de natación en Cervo
O edil de Deportes, David Rodríguez, e a concelleira de Cultura, Dolores García Caramés, participaron este sábado na entrega de medallas do galego alevín de natación, que se celebra este sábado na piscina municipal olímpica.
- Presentación do libro "Un año contigo"
Este venres, no salón de actos da Casa da Cultura de Foz, presentouse o libro "Un año contigo", escrito por Raquel Amieiro e Pepe Peinó, no que se conta a experiencia de combater contra o cancro por parte da primeira, en tempos veciños co confinamento pola pandemia de Covid-19. Representantes da AECC, afectados por esta enfermidade, amigos e veciños reuníronse para escoitar as exposicións dos autores, os consellos da psicóloga Teresa Pérez e as cancións interpretadas por Aida Río coa súa estupenda voz. Nas vindeiras semanas o libro será presentado tamén nos concellos de Valadouro e Mondoñedo.
- O rexedor, Alfonso Villares, felicitou polo seu centenario ao veciño José López Pita, de Castelo
Compartiu uns intres con el e coa súa familia, e entregoulle un recordo de cerámica de Sargadelos. Na foto, ao seu carón, está a súa esposa, Herminia, coa que leva casado 81 anos, nada máis e nada menos.
- Presentación na Libraría Bahía de Foz
O martes día 28 de xuño ás oito e media da tarde, estarána Libraría Bahía a esritora Xita Rubert para presentar a súa nova novela 'Mis días con los Kopp' editada pola editorial Anagrama. Trátase dunha novela de iniciación na que a autora aborda temas como a paternidade, a enfermidade ou a hipocresía social, cun estilo moi elaborado e unha profundade de análise sorprendente nunha escritora tan nova. Xita Rubert, moi vencellada a Foz por ser filla da escritora focega Luisa Castro, presentará no que dalgún xeito é tamén o seu pobo, esta súa primeira novela coa que comeza unha carreira literaria que agardamos sexa moi fructífera.
- 174 casos máis de coronavirus na provincia nas últimas 24 h.
Arestora son 1568. Destes 50 están en hospitalización: 37 no Hula, 8 no Hospital da Mariña, 9 no Hospital de Monforte.
- Este xoves celebrose a Festa de San Xoán na Escola Infantil Municipal de Cervo
Seguindo a tradición, os pequenos comeron sardiñas, lavaron a cara coas herbas de San Xoán, saltaron a fogueira e puxeron fiuncho nas ventás; pasaron unha mañá diferente do máis divertida, na que tamén quixo participar a edil de Educación, Dolores García Caramés.
- Este ano, e coincidindo coa 30 edición do Mercado Medieval de Mondoñedo, desde a AC O Pasatempo convidan a todo o mundo a participar de forma activa do Mercado, do 12 ao 14 de agosto
Para iso, por primeira vez, ábrese o proceso para elexir á Merina e Merino e tamén á parella que casará o domingo Medieval polo rito mozárabe. O único requisito para ambos casos é ser maior de 18 anos e anotarse na Oficina de Turismo. A data límite é o xoves 30 de xuño e o horario da Oficina de Turismo é de martes a domingo de 10h a 14h e de 16h a 19h.