Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destaco... Ler máis
A alcaldesa Mariña Gueimunde describe a proba como «senlleira e referencial non só na Mariña, senón tamén en toda Galicia» Viveiro, 22 de abril de 2025. A décimo cuarta edición da Carreira C... Ler máis
Isabel Rodríguez presidiu a Xunta de Seguridade para organizar as funcións das forzas e corpos de seguridade de cara á Semana Santa e á carreira Montes de Viveiro (CAMOVI) Lugo, 8 de abril d... Ler máis
Viveiro, 22 de abril de 2024. O Concello de Viveiro celebra o éxito da CAMOVI desta fin de semana, un evento deportivo que chegou neste ano 2024 á súa XIII edición. “Foi, unha vez máis, un g... Ler máis
Viveiro, 16 de abril de 2024. O Concello de Viveiro será esta próxima fin de semana o escenario dunha nova edición da carreira pola montaña Camovi. Nesta edición, ademais a Camovi será unha... Ler máis
Viveiro, 20 de abril de 2023. O Concello de Viveiro acolleu esta mañá a reunión de seguridade con motivo da celebración, o vindeiro domingo día 23, da CAMOVI – Carreira Montes de Vivei... Ler máis
Viveiro, 25 de abril de 2022. O Concello de Viveiro celebra o éxito da Camovi 2022, que congregou esta pasada fin de semana a máis de 1.200 participantes e numeroso público nos montes polos... Ler máis
O delegado felicitou ao Club Deportivo Camovi, organizador desta tradicional carreira de montaña de Viveiro, polo “extraordinario nivel” alcanzado, tanto polo número de participantes como po... Ler máis
Viveiro, 6 de setembro de 2021. Tras a celebración da X edición da CAMOVI, a Carrera por Montaña Montes de Viveiro, que tivo lugar o pasado domingo, dende o Concello de Viveiro quérese agrad... Ler máis
Viveiro, 28 de agosto de 2021. O Concello de Viveiro presentou esta mañá a edición deste ano da CAMOVI – Carreira Montes de Viveiro. No acto de presentación estiveron a alcaldesa de Vi... Ler máis



















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



