Viveiro, 17 de febreiro, 2022. Despois de cumprir tódolos prazos establecidos para a presentación de candidaturas, información ós negocios asociados e posibles alegacións, poderán tomar pose... Ler máis
Viveiro, 13 de xaneiro, 2022. O sorteo máis esperado do Nadal de Viveiro xa ten gañadores. Co número 74.783 repartido na tenda de moda BMD, o premiado foi Rubén Sanchez Villarquide veciño de... Ler máis
Viveiro, 4 de xaneiro, 2022. O sorteo máis esperado do Nadal de Viveiro xa ten números premiados. Recordamos que debido á situación sanitaria actual cancelouse o sorteo presencial na Praza M... Ler máis
Viveiro, 30 de decembro, 2021. O Concurso de Decoración navideña do CCHV xa ten gañador. Na tarde de hoxe o xurado fallaba os premios para a categoría comercio. O concurso consistía en decor... Ler máis
Viveiro, 7 de decembro, 2021. A campaña de Nadal do Centro Comercial Histórico de Viveiro comeza nestes días cunha morea de actividades e sorteos con miles de premios. As rúas respiran aire... Ler máis
Viveiro, 25 de novembro, 2021. O CCHV aposta por reforzar esta campaña e ofrecerlles algo máis ós clientes, facilitando o servizo e premiando as compras, farémolo poñendo gratis os envíos a... Ler máis
Viveiro, 15 de novembro, 2021. O Centro Comercial Histórico de Viveiro apoia e secunda as reinvindicacións da convocatoria de folga xeral convocada para este mércores 17 de novembro. En apoi... Ler máis
Viveiro, 4 de novembro, 2021. O Centro Comercial Histórico de Viveiro aposta unha vez máis por impulsar as compras e o ocio na sua cidade. Pon en marcha este venres 5 e o sábado 6 de Novembr... Ler máis
Viveiro, 13 de agosto, 2021. O Centro Comercial Histórico en Colaboración co Concello de Viveiro, organiza do 25 ó 27 de Agosto nas carpas situadas nos Xardíns Noriega Varela a VIII Feira de... Ler máis
Viveiro, 3 de xuño, 2021. O Centro Comercial Histórico de Viveiro aposta unha vez máis por impulsar as compras e o ocio na sua cidade. Pon en marcha este venres 4 e o sábado 5 de xuño a camp... Ler máis
Viveiro, 22 de abril, 2021. A Mariña e Ortegal seguen sendo as comarcas esquecidas por parte das administracións públicas, e demóstrase unha vez máis ca demora na oficialización do Camiño do... Ler máis
Viveiro, 19 de abril, 2021. Tralo éxito da iniciativa posta en marcha para a campaña do Dia do Pai, na que se sortearon 5 caixas sorpresa “Experience Comercio Local” e outras 5 caixas sorpre... Ler máis
Viveiro, 28 de marzo, 2021. Por segundo ano consecutivo, a Semana Santa non se poderá celebrar como en anos anteriores, por ese motivo ponse en marcha unha iniciativa que nos lembre o import... Ler máis
Viveiro, 24 de marzo, 2021. O día 10 de marzo poñíase en marcha a campaña do Dia do Pai que levaba por nome “Unha Experiencia con Papá”. Repartíronse nos negocios asociados mais de 100 urnas... Ler máis
Viveiro, 9 de marzo, 2021. Nesta ocasión apostamos por seguir premiando a fidelidade dos nosos clientes con algo especial para celebrar nesta data, e sortearemos 5 caixas sorpresa “Experienc... Ler máis
Viveiro, 5 de marzo, 2021. A crise derivada da covid-19 está a supoñer un reto sen precedentes para o comercio local. Os centros comerciais abertos tiveron que buscar novas fórmulas de dinam... Ler máis
Os clientes do Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro elixiron a Lucia, do establecemento asociado + BARATO, como a empregada mellor valorada no mes de outubro, con 45 votos. Felicidade... Ler máis


















Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



