RIBADEO .- A empresa Faro Norte Comunicación elaborou no seu primeiro ano de andaina máis de 1.200 notas de prensa dos seus clientes que tiveron reflexo nos medios de comunicación escritos e... Ler máis
Ata o 12 de xullo, mozos e mozas poderán gozar, aprender e mellorar a súa técnica nun ambiente divertido e seguro. Está organizado pola FEGAN (Federación Galega de Natación) en colaboración co Concello de Cervo, este campus aposta polo deporte e a formación.
Este luns tivo lugar a presentación do cartaz. Estiveron presentes os organizadores, membros da Asociación de Festexos A Medorra (Jordi Meitín, Julio Lamelas e Borja Cociña) acompañados da Primeira Tenente de Alcalde Mª Dolores Meitín. Ás 12 da mañá dará comezo a festa co pregón a cargo de Basilio Otero, presidente da Federación Nacional de Cofradías de Pescadores. A xornada gastronómica estará amenizada por “Os Charangos de Neda” e polos cantos de taberna de “Espera que vou mexar”.
As crianzas gozaron dunha primeira sesión chea de movemento, relaxación e diversión na Casa do Mar en San Cibrao, un espazo para coidar o corpo e a mente mentres se pasa un bo rato coas amigas e amigos
O Club Shitokai Galicia A Mariña presentou a catro aspirantes que resultaron aprobados: Carlos Fernández e Elena Dovale: 2º Dan (coa inestimable colaboración de Alejandra Gómez nos traballos técnicos por parellas). Gael Álvarez e Cristian Rancaño: Cinto Negro. Con estes resultados alcanzaron xa a cifra de 160 Cintos Negros Oficiais RFEK recoñecidos por CSD. A destacar o magnífico traballo realizado por todos os aspirantes.
No curso traballáronse técnicas antigas de Ju Jutsu e Aiki Jujutsu. Desprazáronse profesores e alumnos avanzados de diferentes recunchos de España, así como de Portugal, Ucrania, Países Baixos, Suecia e Bélxica. A alcaldesa, Dolores García Caramés, quixo achegarse ata o pavillón do CEIP Península da Paz para saudar ás persoas asistentes e felicitou unha vez máis a Miguel Ángel Rojo por volver poñer a Cervo no mapa a nivel Europeo en canto a seminarios de artes marciais do máximo nivel.
Nada se puido facer por salvarlle a vida. O 112 Galicia foi coñecedor deste suceso uns vinte minutos antes das 14:00 horas deste domingo, momento no que un coche e unha moto colidiron, co motorista inconsciente logo do impacto. Desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, do GES de Ortigueira, da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local. Os medios acudiron ata o punto, no quilómetro 49 da AC-862, pero só puideron confirmar o falecemento do motorista.
Unha maneira divertida e creativa de reciclar mentres soñan con aventuras baixo o mar.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital