Ribadeo, 12 de abril de 2023. As Concellarías de Igualdade, Ensino e Mocidade organizan actividades de verán para a rapazada. Trátase de campamentos urbanos, Aventura en Igualdade e o III Or... Ler máis
Ribadeo, 20 de marzo de 2023. A Concellaría de Mocidade presentou a programación deseñada para a vindeira Semana Santa. Está destinada a mozas e mozos de 0 a 35 anos do 1 ao 5 de abril. O 1... Ler máis
Ribadeo, 19 de decembro de 2022. A Concellaría de Mocidade deseñou un amplo programa de actividades de Nadal, que inclúen cine, deportes e teatro. O edil David Rivas explicou que “teremos o... Ler máis
Ribadeo, 17 de novembro de 2022. Do 17 ao 29 de novembro estará aberto o prazo de inscrición para o Curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre, que organiza o Concello de Ribadeo. O c... Ler máis
Ribadeo, 11 de novembro de 2022. A Aula ceMIT de Ribadeo acollerá neste mes de novembro actividades formativas sobre seguridade dixital, prevención de estafas en Internet e operacións dixita... Ler máis
Ribadeo, 25 de outubro de 2022. A praza de abastos acollerá o 5 de novembro as actividades organizadas pola Concellaría de Mocidade e a OMIX para celebrar o Samaín. De 16:30 a 18:30 horas ha... Ler máis
Ribadeo, 4 de outubro de 2022. O equipo de goberno quere facer do vello Hospital Asilo unha nova residencia confortable, de calidade, preferentemente para a xente de Ribadeo e a prezos asumi... Ler máis
Ribadeo, 29 de setembro de 2022. No pleno ordinario do vindeiro luns, 3 de outubro, tomará posesión do seu cargo como concelleiro David Rivas Peña, en substitución de Mariluz Álvarez Lastra.... Ler máis
















Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándio Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.
O distintivo, concedido por ADEAC, recoñece a excelencia ambiental e a xestión sostible do territorio.En 2026 o programa acada cifras récord, con máis de 1.200 km de sendeiros en 154 municipios. A senda franquía destaca pola súa calidade paisaxística e ambiental, ao unir Castello e Porcía a través de acantilados, praias e espazos de alto valor ecolóxico. Este recoñecemento reforza o compromiso de El Franco cun modelo que combina conservación, educación ambiental e turismo sostible, situando o concello na rede estatal de itinerarios de excelencia. A entrega oficial das bandeiras será o 6 de marzo no Castelo de Cullera.
Sinalaron que conta cunha Indicación Xeográfica Protexida con case 70 hectáreas cultivadas, 194 produtores e máis de 215.000 kg certificados en 2025, cun valor superior aos 430.000 euros. Tamén subliñaron que forma parte dos 36 selos de calidade de Galicia e que festas como esta dinamizan o rural e favorecen a venda directa entre produtores e consumidores.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



