Ribadeo, 9 de xullo, 2026. O Ribadeo FC organiza durante o verán de 2026 tres trofeos deportivos que se disputarán no Campo Municipal Pepe Barrera, reunindo equipos de referencia do fútbol g... Ler máis
Ribadeo, 16 de xullo, 2025. Dépor e Oviedo desputarán o 74 Emma Cuervo Masculino. Terá lugar o Mercores 6 de Agosto de 2025 as 19:00h no Estadio Municipal Pepe Barrera (Ribadeo). Non se enfr... Ler máis
O edil ribadense manifestou: “queremos agradecer tanto a Pedro Posada, presidente do Ribadeo FC, e a toda a súa directiva polo gran traballo feito, xa que conseguiron reunir a máis de 1.000... Ler máis
Ribadeo, 2 de agosto de 2023. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima a asistir ao Trofeo Emma Cuervo, que disputarán esta tarde o Rácing de Ferrol e o Real Oviedo. O edil l... Ler máis
Ribadeo, 21 de xullo de 2023. A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, asistiu hoxe en Ribadeo á presentación da categoría feminina do trofeo futbolístico Emma Cuervo. Unha categoría... Ler máis
Ribadeo, 25 de agosto, 2022. Será ás 18 horas no Campo de futbol Pepe Barrera de Ribadeo. O Ribadeo FC, como organizador do Emma Cuervo, comprométese coa organización do trofeo Emma Cuervo F... Ler máis
Ribadeo, 22 de xullo de 2022. O voceiro do PP en Ribadeo, Daniel Vega, e outros membros do Grupo Municipal Popular participaron na presentación do 71º edición do Trofeo Emma Cuervo e a súa s... Ler máis
Ribadeo, 19 de xullo de 2021. O Concello realiza traballos de tratamento no céspede do estadio municipal Pepe Barrera. O investimento é de 6.000 euros. O obxectivo é ter o campo listo para o... Ler máis
Ribadeo, 15 de xullo de 2021. O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou hoxe en Ribadeo na presentación do 70º Trofeo Emma Cuervo, que se celebrará o vindeiro 31 de x... Ler máis
Ribadeo, a 3 de abril de 2021. O coordinador de deportes do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Tito Suárez, e o voceiro popular, Daniel Vega, continúan cos pequenos encontros coas entidades... Ler máis



















Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



