RIBADEO (FNC).- Parte da comisión organizadora das festas de Ribadeo 2009 dimitiu por discrepancias co resto de persoas que a forman. Segundo explican os membros saíntes “chegamos con... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, considera “ moi positivo para Ribadeo que este ano poidamos ter un grupiño dunhas quince persoas de diferentes sectores que queren col... Ler máis
CERVO .- As festas patronais da Virxe do Carme e da Maruxaina de San Cibrao contan con máis dunha vintena de persoas que colaborarán na súa organización. Baixo a dirección de José Ramón Soto... Ler máis
RIBADEO .- Ribadeo conta cunha comisión organizadora das festas patronais de 2009. O alcalde, Fernando Suárez, asegura que “no día de onte tivemos unha nova xuntanza aberta a todas aquelas p... Ler máis
BURELA (FNC) .- O alcalde, Alfredo Llano, valora de xeito moi positivo a participación dos veciños de Burela en todos os actos da festas patronais que remataron onte. Llano sinala que “foron... Ler máis
BURELA .- Pincheiros, arrastreimos, boniteiros e outras embarcacións da flota burelense formaron unha comitiva dunhas trintena de barcos na procesión marítima do día grande das festas patron... Ler máis
CERVO .- A edil de Cultura e Xuventude do Concello de Cervo, Chelo Gallego vén a saír ao paso das declaracións efectuadas desde o Grupo Municipal Socialista coas que pretendían sementar ince... Ler máis
NOTA DE PRENSA Incertidumbre dos veciños de San Ciprián, ante a falla de noticias sobre as festas do Carmen Os veciños de Cervo, e mais concretamente os de san Ciprian temen que este ano non... Ler máis
BURELA (FNC) .- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, convida a todos os veciños da Mariña a achegarse nos vindeiros días a gozar das festas patronais que vivirán a súa fin de semana grande. L... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, convoca para o luns 1 de xuño ás 20:00 horas unha xuntanza á que convida a todos os veciños que queiran colaborar na organización das... Ler máis
A MARIÑA .- A celebración durante a fin de sema da festa de O Santo, en Foz, da festa de A Marosa, en Burela e da XIII Feira Nacional de Gando Cabalar, en Lago, Xove, son aperitivo do comezo... Ler máis
A Comisión de Festas de Burela convida a todas as persoas que queiran participar cos seus escritos no libro das festas patronais deste 2009 a que os envíen á Casa do Concello ata o 21 de abr... Ler máis
As festas de Lourenzá prolongaranse ata o un de setembro con diversos actos a actividades festivas con actos en torno a figura do Conde Santo Ler máis
Dentro do programa de festas de verán de Foz, inícianse as xornadas de teatro o aire libre que rematan o 31 de agosto Ler máis
A MARIÑA .- Hoxe música clásica en Ribadeo no II Festival Internacional de Música Clásica de Ribadeo e o resto da fin de sema Festa do Percebe en Rinlo – Ribadeo; Mercado Medieval en M... Ler máis
















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



