Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2021. O voceiro parlamentario do PSdeG, Gonzalo Caballero, pediu hoxe unha gran fronte común entre todas as administracións, partidos políticos e sin... Ler máis
Alfoz, 14 de outubro de 2021. O voceiro parlamentario do PSdeG, Gonzalo Caballero, puxo hoxe de relevo “o compromiso” que evidencian os orzamentos xerais do Estado con Galicia. Como mostra d... Ler máis
Vigo, 7 de outubro de 2021. O portavoz do Grupo Socialista, Gonzalo Caballero, visitou hoxe en Vigo Conxemar, a feira de produtos do mar conxelados, unha oportunidade que aproveitou para emp... Ler máis
Santiago de Compostela, 05 de outubro de 2021. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, reclamoulle hoxe á Xunta que “deixe de buscar culpables e empece a buscar solucións” para o man... Ler máis
Viveiro, 25 de setembro de 2021. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, cualificou hoxe de “inaceptable” a decisión unilateral da multinacional Vestas de pechar a súa planta de Vive... Ler máis
Viveiro, 20 de setembro de 2021. Os socialistas amosan a súa indignación e rechazo polo anuncio do peche por parte da empresa Vestas en Viveiro. A Secretaria Provincial do PSdeG e Deputada A... Ler máis
Viveiro, 19 de agosto de 2021. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, estivo hoxe en Viveiro respaldando unha nova concentración en defensa da sanidade pública en compañía da alcald... Ler máis
Vigo, 20 de xullo de 2021. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, mantivo este martes unha xuntanza co secretario xeral de Anfaco-Cecopesca, Juan Vieites, e co seu presidente, Iván... Ler máis
A Pontenova, 9 de xullo de 2021. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, visitou hoxe A Pontenova en compañía do alcalde, Darío Campos, e o puxo en valor a súa “gran xestión... Ler máis
Así o salientou o líder dos socialistas galegos este martes en Lugo, lembrando que a “determinación do goberno central fixo trocar os plans de peche da multinacional” Ler máis
Guitiriz, 11 de maio de 2021. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, mantivo hoxe unha xuntanza co goberno socialista de Guitiriz, encabezado pola súa alcaldesa, Marisol Morandeira,... Ler máis
Cervo, 29 de abril de 2021. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, acudiu hoxe ata Cervo na compañía de alcaldes e voceiros municipais socialistas na Mariña para manter unha xuntanz... Ler máis























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



