RIBADEO (FNC) .- A Oficina de Atención ao Inmigrante organiza tres actividades que se desenvolverán ao longo do que resta deste 2009. Trátase dun concurso de fotografía, un aula intercultura... Ler máis
Foi no marco dos X Foros de Debate Fundación Sargadelos que se celebraron no hotel-restaurante Voar de Ribadeo.
A Delegación Territorial acolleu hoxe a presentación da cita, coa presenza do delegado territorial, Javier Arias; o alcalde de Castro de Rei, Francisco Balado, e representantes da asociación cultural Val de Francos, responsable da organización. Arias felicitou ao colectivo “por manter e renovar esta tradición festiva” que implica ás parroquias de Ansemar, Balmonte e Goberno. O Campo do Carril, en Ansemar, acollerá os actos a partir das catro e media da tarde. Ademais do sermón e a Queima do Entroido, haberá xogos e actividades infantís, unha degustación gratuíta de produtos de razas autóctonas galegas e sorteo de agasallos. Tamén haberá postos de venda de filloas elaboradas por filloeiras de Muimenta e animación musical con varios grupos e orquestras.
Será ás 20:30 horas nas Escolas Vellas de Cervo, coa colaboración da asociación cultural Airiños do Xunco, e contará coa actuación do dúo Matices.
Agora xa está aberta a inscripción do 2º cuatrimestre na UNED Senior de Viveiro para os maiores de 50 anos interesados e permanecerá aberta ata o 24 de febreiro na asignatura: "La emigración gallega y su impacto en el mundo del y de las letras". Mais información: Secretaría UNED. Claustros Iglesia de San Francisco.1º piso. 982 563 601. viveiro@lugo.uned.es
O alcalde, Dani Vega, desexoulles que “estas prácticas sexan proveitosas tanto para o seu futuro laboral como para levar un grato recordo cultural da nosa terra”. Este grupo de rapazas e rapaces italianos chegaron a Ribadeo da man de Apaga (Asociación de Profesores de Automoción de Galicia).
Por que cantan as mulleresA partir do mediodía haberá degustación do caldo de gloria. Ás 18h, a profesora de canto tradicional e revisionista de coplas, Branca Villares, ofrecerá unha palestra-concerto baixo o nome "Por que cantan as mulleres?". Para finalizar o acto, convidarase a todas as persoas a participar da lectura colectiva do Manifesto da AELG.
Unha comedia para público adulto. A cita é ás 20:30h. Entradas: De luns a xoves, no 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo rbg.cultura@viveiro.es, e tamén na taquilla do teatro 1 hora antes da función.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital