RIBADEO (FNC) .- Ribadeo acollerá unha nova edición do seu tradicional Mercado de Nadal do 4 ao 8 de decembro. Estará instalado nunha carpa no parque de San Francisco e acollerá ata 30 activ... Ler máis
BURELA (FNC) .- A Delegación de Comercio de Burela pretende iniciar a campaña de Nadal con máis antelación que nas pasadas edicións. Así o acordaron na xuntanza que onte mantiveron os comerc... Ler máis
BURELA (FNC) .- A Delegación de Industria, Comercio e Turismo de Burla está a traballar na preparación da próxima campaña de Nadal. O concelleiro José González Legazpi sinala que “seguiremos... Ler máis
A MARIÑA .- Os desfiles do día de Reis puxeron o punto final ao tempo de Nadal. O paso dos Magos de Oriente pola costa de Lugo fixo realidade a ilusión dos máis pequenos nas distintas locali... Ler máis
BURELA .- A Delegación de Comercio do Concello de Burela informa que se amplía o prazo para a entrega dos traballos que se presenten ao concurso fotográfico sobre os escaparates ata o vindei... Ler máis
BURELA .- A Delegación de Cultura de Burela que dirixe a nacionalista, Neves Cando preparou unha programación de Nadal “para facer que estas datas festivas sexan días de lecer para toda a fa... Ler máis
RIBADEO .- As Concellarías de Cultura e Deportes e Xuventude e a OMIX de Ribadeo organizan actividades lúdico-deportivas para os nenos a partires de 3 anos que comezan neste 22 de decembro e... Ler máis
NOTA DE PRENSA: Os máximos mandatarios da formación política en Galicia e na provincia de Lugo terán a oportunidade de compartir mesa e mantel cos afiliados e simpatizantes do PP local NUÑEZ... Ler máis
BURELA .- As delegacións de Educación e Medio Ambiente de Burela programaron diversas actividades para os nenos durante o Nadal. Os rapaces de Burela de educación infantil e primaria son os... Ler máis
RIBADEO .- As Concellarías de Cultura e Deportes e Xuventude e a OMIX de Ribadeo organizan actividades lúdico-deportivas para os nenos a partires de 3 anos que comezarán o vindeiro 22 de dec... Ler máis
BURELA .- A Delegación de Cultura de Burela que dirixe a nacionalista, Neves Cando preparou unha programación de Nadal “para facer que estas datas festivas sexan días de lecer para toda a fa... Ler máis
O alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, xunto coa responsable de Cultura, Dolores Meitín e a concelleira de Servizos Socias, Ana Abad, presentan o xoves o programa de actividades para Nadal Ler máis
RIBADEO .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, fai un balance moi positivo do Mercado do Nadal que pechou as súas portas onte pola noite. O rexedor resalta “o éxito moi importante d... Ler máis
A MARIÑA .- Como primeira proposta da campaña “POR UN NADAL MÁIS ECOLÓXICO” ADEGA chama a atención sobre o desbaldimento de enerxía que supoñen moitos alumeados festivos, particu... Ler máis
RIBADEO .- O Centro Comercial Aberto de Ribadeo sorteará este Nadal 12.000 euros en vales de compra para gastar nos establecimentos da vila. A campaña destas festas foi presentada este medio... Ler máis
CERVO .- O Concello de Cervo convocou a novena edición do concurso de postais do Nadal dirixida aos escolares do termo municipal que cursen educación infantil e primaria. O prazo para prese... Ler máis























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



