Home pasda das cabras
Asociación de senderismo Pasada das Cabras de Burela celebra asemblea ordinaria o venres día 14 de Xaneiro, no salón de actos da antiga biblioteca, as oito e media da tarde en primeira convo... Ler máis
Asociación de senderismo Pasada das Cabras de Burela celebra asemblea ordinaria o venres día 14 de Xaneiro, no salón de actos da antiga biblioteca, as oito e media da tarde en primeira convo... Ler máis
A cita é o sábado 11 ás 12 h dende o castro de Rueta. Recoméndase ir en coche para aforrar tempo entre desprazamentos, e levar roupa e zapatos cómodos.
O grupo teatral O Centiño de San Martiño escenificou a súa última obra, titulada "De poucas luces", e o cantante mindoniense Álex Barreira, do dúo Belinda, interpretou catro cancións. Os cartos recadados como donativo irán destinados a cubrir as necesidades da agrupación de Cáritas de Alfoz e O Valadouro.
Asistiron cunha tripulación mixta representada por 14 remeiros, 2 deles compañeiros do Club de Remo de Mugardos. No referente os resultados, acadaron 2 clasificados equipos mixtos e 9º posto na xeral de Veteráns.
O fotógrafo viveirense recibiu o encargo da Xunta de Confrarías da Semana Santa de Viveiro na pasada Coresma. O autor de recoñecido prestixio e nomeado aos premios Goya, presentou unha selección de fotografías entre as cales se seleccionou o citado Cartel, e outras 21 que se expoñerán na Praza Maior durante a Semana Santa.
Fixérono para reivindicar pensions e servizos públicos dignos. "Goberne quen goberne as pensions e o público deféndese".
Esta entidade solicitaba a colaboración dos centros educativos para visibilizar, tamén entre o alumnado, a importancia da loita contra esta enfermidade que celebra no día de mañá, 4 de febrero, o Día Mundial Contra o Cancro. O obxectivo é incrementar a concienciación sobre a prevención, a detección precoz e a necesidade de aumentar as partidas orzamentarias destinadas á investigación oncolóxica. O Martínez Otero confecionou no patio do colexio con todo o alumnado, un enorme lazo verde, cheo de vida e adicado a todas aquelas persoas que están a loitar contra esta enfermidade e aos seus familiares.
As partidas, que deron comezo o pasado luns 23 de xaneiro, prolongaranse ata marzo e contan con ao redor de 40 mulleres do municipio, divididas en 11 parellas de tute e 8 parellas de parchís. As gañadoras recibirán un trofeo de cerámica de Sargadelos o sábado 11 de marzo na cea do Día da Muller, que dará por finalizada a competición. Dende o Concello de Cervo, a edil responsable da delegación de Muller, Pilar Armada “agradece a participación de todas as mulleres que forman parte do campionato e convidan a futuras xogadoras a participar en próximas edicións”.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital