O prazo de presentación dos traballos pechará o 30 de xuño Viveiro, 21 de febreiro de 2025. O Concello de Viveiro ven de convocar a oitava edición do Premio de Novela Vilar Ponte, un certame... Ler máis
Viveiro, 28 de novembro de 2025. O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou hoxe na entrega de premios da sétima edición do certame de novela Vilar Ponte, que convoca... Ler máis
Nun acto aberto ao público, terá lugar ás 20.30 horas na Sala Multiusos do Concello Viveiro, 22 de novembro de 2025. O Concello de Viveiro acollerá o venres 28 de novembro ás 20.30 horas o a... Ler máis
Alfoz, 22 de novembro, 2024. A novela O terceiro desexo foi escollida como finalista no certame anual convocado polo Concello de Viveiro. Esta obra supón a cuarta novela do autor alfocés tra... Ler máis
A entrega de premios será o vindeiro venres 13 de decembro no Teatro Pastor Díaz de Viveiro ás 20:30 horas Viveiro, 20 de novembro de 2024. O escritor Xavier Queipo é o gañador do VI Premio... Ler máis
O prazo de presentación acabará o vindeiro día 1 de xullo, e o lugar para depositar os orixinais será o Concello de Viveiro Viveiro, 14 de marzo de 2024. O Concello de Viveiro publica as bas... Ler máis
Viveiro, 21 de novembro de 2019. O xurado do Premio de Novela Vilar Ponte de Viveiro reúnese este sábado, día 23, para decidir os nomes do gañador ou gañadora e finalista da segunda edición... Ler máis
Viveiro, 23 de outubro de 2019. A gala de entrega do II Premio de Novela Vilar Ponte terá lugar o 5 de decembro de 2019, ás 20:30 horas, no Teatro Pastor Díaz. No transcurso da mesma entrega... Ler máis
















Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándio Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.
O distintivo, concedido por ADEAC, recoñece a excelencia ambiental e a xestión sostible do territorio.En 2026 o programa acada cifras récord, con máis de 1.200 km de sendeiros en 154 municipios. A senda franquía destaca pola súa calidade paisaxística e ambiental, ao unir Castello e Porcía a través de acantilados, praias e espazos de alto valor ecolóxico. Este recoñecemento reforza o compromiso de El Franco cun modelo que combina conservación, educación ambiental e turismo sostible, situando o concello na rede estatal de itinerarios de excelencia. A entrega oficial das bandeiras será o 6 de marzo no Castelo de Cullera.
Sinalaron que conta cunha Indicación Xeográfica Protexida con case 70 hectáreas cultivadas, 194 produtores e máis de 215.000 kg certificados en 2025, cun valor superior aos 430.000 euros. Tamén subliñaron que forma parte dos 36 selos de calidade de Galicia e que festas como esta dinamizan o rural e favorecen a venda directa entre produtores e consumidores.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



