Burela, 11 de maio de 2025. O Concello de Burela celebrou esta mañá, domingo 11 de maio, un acto de homenaxe á SD Burela masculina e ao equipo de veteranos do club, como recoñecemento polos... Ler máis
Burela, 5 de maio de 2025. O Concello de Burela celebrará esta fin de semana unha dobre homenaxe ao deporte local, cun recoñecemento especial ao equipo feminino do Burela FS tras a conquista... Ler máis
Burela, 9 de febreiro, 2025. Terceiro ano consecutivo de colaboración entre as dúas entidades mariñanas, SD Burela e CD Burela FS. Os clubs de fútbol campo e fútbol sala camiñan da man en bu... Ler máis
As dúas entidades deportivas do concello mariñán renovan a sua colaboración para esta tempada 23/24 e como detalle especial o CD Burela FS viste de verde a súa terceira equipación e a SD Bur... Ler máis
Burela, 19 de maio de 2023. O alcalde, Alfredo Llano, e o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, participaron hoxe no acto de recoñecemento aos veteranos da SD Burela tras proclamarse ca... Ler máis
Burela, 4 de abril de 2023. Burela acollerá o I Campus Mixto FutbolinLugo, que se presentou no salón de actos do Concello. Desenvolverase do 17 ao 21 de xullo no campo da Marosa e está desti... Ler máis
Nota de prensa 1/2 A S.D. BURELA PARTICIPOU NO MARATÓN DE LECTURA DE BURELA Diversos integrantes da S.D. Burela colaboraron activamente no Maratón de Lectura que tivo lugar na nosa vila na h... Ler máis
O Concello de Burela ofreceu unha recepción ao equipo de cadetes da SD Burela polo seu ascenso á liga galega. O acto estivo presidido pola concelleira de Deportes, Neves Cando. Cos rapaces a... Ler máis
















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



