Burela, 4 de abril de 2023. Burela acollerá o I Campus Mixto FutbolinLugo, que se presentou no salón de actos do Concello. Desenvolverase do 17 ao 21 de xullo no campo da Marosa e está destinado a nenas e nenos de 5 a 16 anos. No acto participaron o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, o xefe territorial de Presidencia da Xunta, Gerardo Criado, Diego Díaz da organización e Jairo Campo da SD Burela.
O edil burelés manifestou: “quero agradecer tanto a Diego como a Jairo que elixiran Burela para este primeiro campus mixto de fútbol. Desde o primeiro momento sabedes que o Concello sempre estivo colaborando con Futbolinlugo en todas as iniciativas que expuxo. De feito o primeiro All Star fíxose aquí, en Burela, e é unha iniciativa que está tendo éxito e que está desprazándose por diferentes campos. Hai que agradecer o traballo que facedes e estou segurísimo de que vai ser un auténtico éxito este primeiro campus mixto de Futbolinlugo. Aquí, aínda que se teñen feito outros campus, era algo que botábamos en falta e desde logo é un pracer axudarvos a sacar esta iniciativa para diante, que estou segurísimo de que vai ser un éxito”.
Fernández Rey tamén tivo palabras de agradecemento para a Xunta de Galicia: quero agradecer tamén á Xunta de Galicia, neste caso a Gerardo, que tamén apoie este tipo de iniciativas. Eu penso que ese é o traballo que deben facer as administracións: colaborar uns con outros para sacar adiante os proxectos. É un pracer compartir con vosoutros este tipo de iniciativas. Agradecer tamén a Gadis, que é colaborador do evento”.
O concelleiro de Deportes subliñou que “desde o Concello vamos poñer todos os medios ao noso alcance para poder axudarvos e que esta iniciativa saia adiante; e, por que non, xa de cara a próximas edicións que sigades contando con Burela, se así o considerades oportuno, para poder continuar facendo aquí este campus, que espero que así sexa e que resulte un éxito”.
Desde a organización tanto Diego Díaz como Jairo Campo agradeceron a colaboración do Concello de Burela.
Este campus mixto de fútbol desenvolverase do 17 ao 21 de xullo no campo da Marosa en horario de 9:30 a 14:00 horas. Diferentes adestradores titulados da provincia de Lugo aportarán a súa sabedoría ao servizo dos asistentes. Entre adestramento e adestramento tamén haberá lugar para actividades diversas e pequenas saídas. As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse ao seguinte correo electrónico campusfutbolinlugo@gmail.com



















O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.

