Ribadeo, 20 de xuño de 2026. A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo continúa a desenvolver o seu programa Musiqueando polas parroquias, unha iniciativa que busca descentralizar a oferta cultural do municipio e achegar o traballo do alumnado a todos os veciños e veciñas.
A vindeira cita terá lugar en Ove o luns, 22 de xuño, ás 19:00 horas. O escenario elixido será a antiga Escola, onde se ofrecerá unha pequena mostra do esforzo realizado por unha parte do alumnado do centro ao longo do presente curso académico.
Motor sociocultural de todo o concello
Segundo explica o responsable da EMMeD, Hugo García, “esta actividade responde a un dos piares fundamentais da institución: un dos nosos obxectivos prioritarios é consolidarnos como un motor sociocultural para todo o concello de Ribadeo, e non só para o seu núcleo urbano”.
García sinala que esta programación itinerante está pensada especificamente “para que as persoas que non residen no casco ribadense, e ás que lles pode resultar máis complicado asistir ás actividades que a EMMeD organiza habitualmente, poidan coñecer de preto o proxecto educativo e artístico da escola”.
Con esta actuación, a EMMeD reafirma o seu compromiso coa dinamización das parroquias rurais, ofrecendo espazos de encontro veciñal a través da música e poñendo en valor a aprendizaxe dos seus estudantes fóra das aulas convencionais.

























O acto inaugural terá lugar no exterior da Casa do Concello ás 12.00 horas. O primeiro espectáculo será a proposta itinerante ‘Animacreques’ da Compañía Catropés. A xornada completarase coa representación ás 13:00 horas na Praza da Pulida de ‘Historias para escagharriñarse’, da Compañía Teatro Ghazafelhos. Posteriormente, ás 21:00 horas e no mesmo escenario, a Compañía Colectivo Glovo representará ‘Tríade e Alleo’.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 



