Viveiro, 24 de outubro de 2024. O Concello de Viveiro está presente en Xantar 2024, o Salón Internacional de Turismo Gastronómico que se celebra en Ourense. A vila conta cun stand propio no... Ler máis
O 25º Salón Internacional de Turismo Gastronómico comezará mañá, xoves 24 de outubro, e se desenvolverá ata o domingo 25 en Ourense Burela, 23 de outubro de 2024. O Concello de Burela partic... Ler máis
Burela, 14 de novembro de 2022. O concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández, fixo un balance moi positivo da presenza de Burela na Feira Xantar, que tivo lugar en Ourense do 9 ao 13 de novemb... Ler máis
Nota de prensa BURELA PARTICIPARÁ NO SALÓN GALEGO DA GASTRONOMÍA E DO TURISMO XANTAR 2011 EN EXPOURENSE, QUE SE CELEBRA DO 2 AO 6 DE FEBREIRO. Burela, 31 de xaneiro de 2011. Burela estará pr... Ler máis
BURELA (FNC) .- O concelleiro de Industria, Comercio e Turismo, José González Legazpi valora de xeito positivo a presenza de Burela en Xantar 2010. O edil nacionalista destaca a “exitosa pa... Ler máis
BURELA .- A Concellaría de Benestar Social porá en marcha coa colaboración do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar o programa Xantar na casa, “trátase dun servizo de co... Ler máis


















A entidade, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, organizará nas próximas semanas a XIII exposición Tal como eramos (28 de agosto), a proxección do filme Antes de nós (3 de setembro) e a homenaxe polo XXII cabodano de Manuel María (6 de setembro). A área de Cultura provincial reforza así o seu apoio continuado ao Iescha, referente na conservación e difusión da cultura galega e chairega.
No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.



