21 de Outubro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Casa da Cultura de Burela acolle ata o 15 de xaneiro a exposición “Trazos de luz” de Caixanova

24-12-09

BURELA (FNC) .- A Casa da Cultura de Burela acolle ata o vindeiro 15 de xaneiro a exposición Trazos de luz de Caixanova. Unha mostra na que se pode ver unha selección de obras de autores como Villafinez, Fernando Quesada, Antón Sobral, José Lodeiro e Rafael Úbeda, entre outros.
A colección Caixanova nace a mediados do século XX, cando a escasa actividade expositiva en Galicia impedía o achegamento á obra dos artistas da nosa comunidade e o recoñecemento da súa contribución ao panorama artístico nacional e internacional. A práctica coleccionista evitou o seu esquecemento.
A exposición, que ten a luz como fío condutor, foi visitada polo alcalde, Alfredo Llano, e pola concelleira de Cultura, Neves Cando.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive