25 de Agosto de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O BNG de Barreiros pregunta pola fórmula que asegura que os promotores aporten máis de 7 millóns de euros para o convenio urbanístico

16-04-10

Nota de Prensa

O BNG AMÓSASE PREOCUPADO POLAS DECLARACIÓNS EFECTUADAS HOXE POLO PRESIDENTE DA XUNTA SOBRE O CONVENIO URBANÍSTICO DE BARREIROS. OS NACIONALISTAS PREGÚNTANSE CAL É A FÓRMULA QUE ASEGURA QUE OS MÁIS DE 7 MILLÓNS DE EUROS QUE LLE CORRESPONDEN AO CONCELLO SERÁN APORTADOS POLOS PROMOTORES.

Barreiros, 15 de abril de 2010. O BNG pregúntase cal é a fórmula non contemplada no convenio para urbanizar determinadas zonas de Barreiros mediante a que se asegura que os máis de sete millóns que lle corresponden ao Concello os van a aportar os promotores. Os nacionalistas lembran que o convenio foi cifrado en 14.180.281€, o Concello ten que poñer máis do 50%, concretamente 7.237.765€, a Xunta 5.692.516,18€ e a Deputación de Lugo 1.250.000€.

Di o BNG de Barreiros que “recordando a experiencia do convenio para o abastecemento de auga de xullo de 2006, donde 25 promotores se comprometeran a aportar 3,6 millóns de euros e só se puideron efectivizar 7 avais de 7 promotores por importe 1.200.000€, malamente se vai poder crer que agora se aporten estes cartos por parte das promotoras, nunha situación económica e financeira moi diferente á de 2006, co crédito pechado para as empresas. Polo tanto, ainda contando con 1.200.000€ do convenio da auga de 2006, se os promotores non poñen os 6 millóns de euros restantes, esta cantidade teríana que poñer os veciños de Barreiros”.

Os nacionalistas parécenlles preocupantes “as declaracións de hoxe de Núñez Feijoo dicindo que se o Concello (os promotores) non poñen a súa parte, a Xunta tampouco poñerá a súa. A situación de embrollo arredor deste convenio é tal que no PP non saben xa por onde sair. Iso sí, o que os nacionalistas temos claro é que non imos permitir que os veciños de Barreiros teñan que pagar os 6 millóns de euros ou os 12 millóns, se é que a Xunta tampouco vai poñer a súa parte”.

Desde o BNG apuntan que “haberá que preguntarlle aos 3.000 barreirenses se están dispostos a poñer cada un 4.000€ para legalizarlle as urbanizacións aos promotores. O PP creou un problema en Barreiros e aos barreirenses, pero tamén tén un problema en Barreiros, que é nin mais nin menos que seguir mantendo ao frente da alcaldía ao alcalde e aos membros da xunta de goberno que nos levaron a esta situación. Por iso agora Feijoo sempre se sinte incómodo cando lle mencionan a Barreiros”.

Tamén afirman desde o BNG que “a diferencia do que dixo o alcalde en días pasados, isto non é unha festa, pois vistas as declaracións do Presidente da Xunta, a festa pode resultar pasada por auga. As consecuencias da festa que en outubro de 2006 fixeron Concello, promotores e Deputación en Remior para vender promocións urbanísticas trouxo estas consecuencias. A aquela festa (tamén finaciada con cartos públicos) chamáronlle  Barreiros vai de gala, que o sentir popular xa lle deu en chamar Barreiros vai de……”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive