15 de Setembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A asociación de veciños Casas Baratas de Burela expón unha recompilación fotográfica sobre a historia do barrio

28-05-10

BURELA .- A Casa da Cultura de Burela acolle unha exposición fotográfica sobre a historia do barrio de Casas Baratas. A mostra permanecerá aberta durante quince días e, unha vez que se remate, as fotos volverán a mans da asociación de veciños. A iniciativa de recuperación destas imaxes que puxo en marcha a AA.VV. Casas Baratas contempla a edición de DVDs para e elaboraron un álbum no que aparecen distintas xeracións dun barrio con 102 familias onde residen preto de 300 persoas, segundo indicou o secretario da asociación, Francisco Goás.
A A.V. de Casas Baratas foi compilando as fotografías que os restantes veciños e veciñas aportaron, até que chegaron a xuntar máis de mil imaxes que permiten recompoñer como foi desde hai anos a vida cotiá de ducias de persoas que residiron ou aínda residen no barrio. A colección fotográfica reflicte o quefacer diario, o traballo e acontecementos sociais propios das épocas.
Esta inicitiva contou co apoio económico da Área de Cultura da Deputación de Lugo.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive