19 de Maio de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O grupo ribadense “Mallory” celebrará o vixésimo aniversario con un concerto diferente e espectacular

09-08-10

NOTA DE PRENSA

O GRUPO MALLORY CELEBRARÁ O SEU VIXÉSIMO ANIVERSARIO CUN CONCERTO QUE TERÁ LUGAR O VINDEIRO SÁBADO NO CANTÓN DOS MORENO. A EDIL DE CULTURA DI QUE SERÁ ALGO DIFERENTE E ESPECTACULAR.

Ribadeo, 9 de agosto de 2010. Esta mañá foi presentado na Casa do Viejo Pancho o concerto co que o grupo Mallory celebrará o seu vixésimo aniversario. Será o sábado 14 de agosto ás 23 horas no Cantón e contará, entre outras, coa colaboración da Coral Polifónica de Ribadeo.

A concelleira de Cultura, Mariluz Álvarez Lastra dixo que “o evento se enmarca dentro da programación cultural do Concello de Ribadeo en colaboración coas institucións que realizan determinadas actividades. Este sábado 14 de agosto ás 23 horas no Cantón dos Moreno o grupo Mallory no seu vinte aniversario vai ofrecer un concerto totalmente diferente e espectacular. A Concellaría de Cultura colabora con eles, pero quenes son os que fan o concerto e organizan a actividade son os propios membros do grupo”.

Fran García de Mallory suliñou que “o concerto é unha celebración dos 20 anos que levamos xuntos na música e queremos facelo con toda xente que colaborou con nós, que é cercana a nós… resaltar que entre as colaboracións que haberá esa noite está a da Coral Polifónica de Ribadeo, cousa que a nós nos fai moita ilusión e penso que vai ser moi bonito de ver porque estamos fecendos os ensaios e sonan moi ben. Convidamos a toda a xente a que se achegue ao Cantón para ver e disfrutar do espectáculo que montamos. Esperemos que guste e a ver o que sae”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive