17 de Novembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

No primeiro semestre do ano aumentou a ocupación hoteleira e as pernoctas na provincia de Lugo

17-08-10

Nota de Prensa

A PROVINCIA DE LUGO REXISTROU NO PRIMEIRO SEMESTRE DO ANO UN AUMENTO DO 13,8% NO VOLUME DE VIAXEIROS ALOXADOS EN ESTABLECEMENTOS HOTELEIROS RESPECTO DO ANO PASADO

O número de pernoitas durante os primeiros seis meses do 2010 incrementouse nun 10,69%
A respecto do último ano Xacobeo 2004, a cifra de viaxeiros na provincia de Lugo incrementouse nun 29,9%
No tocante ás pernoitas, a provincia de Lugo experimentou unha suba do 31% a respecto das rexistradas no primeiro semestre do último Ano Santo

Lugo, 17 de agosto de 2010.- A provincia de Lugo rexistrou durante o primeiro semestre do ano un incremento do volume aloxados en establecementos hoteleiros do 13,79% respecto do mesmo período do ano pasado, un comportamento que tamén se viu reflectido no caso das pernoitas, cun 10,69% máis.

Estes datos amosan unha dinámica positiva que se vén producindo dende o pasado mes de marzo, punto de inicio, ao igual que noutras provincias galegas, dunha secuencia consecutiva de incrementos interanuais tanto no volume de viaxeiros como nas pernoitas.

Respecto do último Xacobeo 2004, a provincia de Lugo supera tamén as grandes cifras de conxuntura hoteleira, isto é, de viaxeiros e pernoitas, nunha porcentaxe arredor do 30%, tanto no mes de xuño coma no semestre. A cifra de viaxeiros na provincia de Lugo incrementouse nun 29,9%. No tocante ás pernoitas, a provincia de Lugo experimentou unha suba do 31% a respecto das rexistradas no primeiro semestre do último Ano Santo.

Por puntos turísticos, a cidade de Lugo,  acadou durante o mes de xuño un 10,03% máis de viaxeiros, e un 10% máis de pernoitas en comparación co ano pasado.

Datos de xuño
Atendendo ao mes de xuño, o número de viaxeiros aloxados en establecementos hoteleiros da provincia foi de 21,79% máis respecto do mesmo mes do ano pasado, e dun 19,57% no caso das pernoitas. En concreto, Lugo representa o 16,4% do total de Galicia.

Turismo rural
En canto aos viaxeiros aloxados nos establecementos de turismo rural da provincia de Lugo, rexistrouse durante o mes de xuño unha suba do 10,4% respecto do mesmo período do ano pasado.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive