08 de Decembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A XXII Tirada de Bolos concello de Xove comeza no centro social de Lago

07-10-10

Nota de prensa:
COMEZA A XXIIª TIRADA “CONCELLO DE XOVE”

O Concello de Xove, a través da súa Concellería de Cultura, pon en marcha unha nova tempada de bolos. O sábado, 9 de outubro, no Centro Social de Lago, vai comezar unha nova edición, a XXIIª, da Tirada de Bolos Concello de Xove, que no caso da Liga Sub 18 será a XIª Tempada e a IIª da Liga Feminina.

Para ir preparando esta nova edición dun dos torneos de deporte popular máis antigos de Galicia, hai uns dias tivemos unhas Xornadas de Promoción dos Bolos para tódolos alumnos/as do IES Illa de Sarón, celebradas o 28 de setembro e polas cales pasaron tódolos alumnos-as do IES. O obxectivo destas Xornadas foi o de incorporar novos xogadores/as á Liga de Bolos Municipal, dado que hai uns anos tivemos un baixón no número de xogadores ao retirarse moitos dos vellos xogadores e non haber relevo. Amáis da colaboración que tódolos anos presta o IES Illa de Sarón, contamos novamente coa colaboración para esta tempada da EMPRESA AUTOESCUELA MUNDIAL; a ambos lles queremos dar as grazas.

Entre as novidades que o campionato presenta este ano, temos que a Liga Feminina, dado o éxito de participación na temporada pasada, vai estar dotada de premios en metálicos en cada torneo e final, na mesma contía que a Liga Sub 18.

O calendario de tiradas para esta Temporada é o seguinte:

TIRADAS REGULARES

2.010

SÁBADO, 9 DE OUTUBRO.- CENTRO SOCIAL DE LAGO.

SABADO, 16 DE OUTUBRO.- CENTRO SOCIAL DE VEIGA – PALMEIRO EN A RIGUEIRA.

SÁBADO, 23 DE OUTUBRO- CENTRO SOCIAL DE PENASAGUDAS EN MONTE.

SÁBADO, 30 DE OUTUBRO.- CAMPO MUNICIPAL DE FUTBOL DE XOVE.

SÁBADO, 6 DE NOVEMBRO.- CENTRO SOCIAL DE O CRUCEIRO EN XUANCES.

SÁBADO, 13 DE NOVEMBRO.- CENTRO SOCIAL DE A VARA EN XUANCES.

SÁBADO, 20 DE NOVEMBRO.- CENTRO SOCIAL DE VILACHÁ EN PORTOCELO.

SÁBADO, 27 DE NOVEMBRO.- CENTRO SOCIAL DE MORÁS.

SÁBADO, 4 DE DECEMBRO.- CENTRO SOCIAL DE SUMOAS.

2.011

SABADO, 8 DE XANEIRO.- CENTRO SOCIAL DE LAGO.

SÁBADO, 15 DE XANEIRO.- CENTRO SOCIAL DE VEIGA – PALMEIRO EN A RIGUEIRA.

SÁBADO, 22 DE XANEIRO.- CENTRO SOCIAL DE PENASAGUDAS-MONTE

SÁBADO, 29 DE XANEIRO.- CAMPO MUNICIPAL DE FÚTBOL DE XOVE.

SÁBADO, 5 DE FEBREIRO.- CENTRO SOCIAL DE O CRUCEIRO EN XUANCES.

SÁBADO, 12 DE FEBREIRO.- CENTRO SOCIAL DE A VARA EN XUANCES.

SÁBADO, 19 DE FEBREIRO.- CENTRO SOCIAL DE VILACHÁ.

SÁBADO, 26 DE FEBREIRO .- CENTRO SOCIAL DE MORÁS.

Sábado 5 de marzo: Sábado de Antroido

SÁBADO, 12 DE MARZO.- CENTRO SOCIAL DE SUMOAS. REMATE DA XXIIª TIRADA DE BOLOS (XIª TIRADA SUB 18) E IIª TIRADA FEMININA COA ENTREGA DE PREMIOS E TROFEOS.

SÁBADO, 19 DE MARZO.- VIIIª COPA DE BOLOS “CONCELLO DE XOVE” NO CENTRO SOCIAL DE MORÁS.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive