14 de Outubro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

CIG – METAL convoca unha mobilización contra a reforma laboral para o día 2 de Decembro na Coruña

30-11-10

Nota de prensa

MOBILIZACIÓN NACIONAL DA CIG – METAL

Dentro da campaña de resposta contra a reforma laboral que esta levando a cabo a nosa Central Sindical, o vindeiro Xoves Día 2 de Decembro vaise celebrar unha MOBILIZACIÓN NACI0NAL DA FEDERACIÓN DO METAL na cidade da Coruña.

A esta mobilización nacional asistirán as Delegadas e Delegados da Federación do Metal da CIG de Lugo-A Mariña, que xunto cos delegados e delegados do Metal do resto do país, participarán nunha asemblea, e posteriormente nunha manifestación que se celebrará baixo o lema EN GALIZA, CONVENIOS GALEGOS.

Nesta mobilización dende a CIG-METAL manifestaremos o noso rechazo á reforma da negociación Colectiva que pretenden centralizar en Madrid “roubándonos poder de decisión”, tanto ós empresarios como ós traballadores galegos. Queren en concreto, negociar os convenios a nivel de cúpulas para impedir a participación das traballadoras e traballadores na negociación dos seus convenios, non queren ter testemuñas molestos que lle remexan as súas conciencias, porque na CIG estamos convencidos que “nestas negociacións” eliminarían dereitos que nos custaron moitos esforzos acadar. Tamén se urxirá a retomar as negociacións dos  convenios provinciais da Coruña e Lugo que, a estas alturas do ano, están paralizadas

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive