17 de Novembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

En Barreiros o temporal causou danos nos paseos marítimos e nunha ponte en Reinante

09-11-10

Nota de prensa:
O TEMPORAL CAUSOU DANOS IMPORTANTES NOS PASEOS MARÍTIMOS DE BARREIROS E NUNHA PONTE EN REINANTE. O CONCELLO REALIZA UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA PARA REMITIR ÁS ADMINISTRACIÓNS AFECTADAS.

Barreiros, 9 de novembro de 2010. O temporal causou danos importantes nos paseos marítimos de Barreiros e nunha ponte en Reinante.

O alcalde, Alfonso Fuente, confirmou que “a situación en Barreiros non é distinta ao que está a acontecer noutros concellos da Mariña. Temos varios paseos desfeitos polo mar, xa o puxemos en coñecemento da Dirección General de Costas e se están a revisar todos os danos. Tamén hai algún dano nunha ponte en Reinante que afecta á estrada provincial que vai pola costa e logo algo que aínda que poida parecer menor non o é, o temporal meteu moita area que atascou as saídas dos regatos e dos desagües. Agora temos máquinas procedendo á limpeza de todas estas zonas porque si empeza a chover con bastante forza podería haber inundacións”.

Fuente Parga contou que “se está a facer unha reportaxe fotográfica de todos eses danos para colaborar coas distintas administracións e facerlles chegar todos os danos producidos: Deputación, Dirección General de Costas…. E agardando a que o temporal remita e que non se produzan danos persoais”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive