NOTA DE PRENSA
XXIIª TIRADA DE BOLOS – XIª SUB 18 – IIª LIGA FEMININA
(TEMPORADA 2010/2011)
Organiza: Concellería de Cultura do Concello de Xove
Colaboran: IES Illa de Sarón de Xove
Autoescuela Mundial Xove
| CAMPEONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DE A VARA ( 13 NOVEMBRO 2010) ) 41 INSCRITOS: 26 NA LIGA SENIOR, 6 NA LIGA SUB 18 E 9 NA LIGA FEMININA | |||
| CLASIFICACION | NOME | TANTOS | PUNTOS |
| LIGA SENIOR | |||
| PRIMEIRO | JOSE VIGO LAGE | 205 | 12 |
| SEGUNDO | ARTURO VIGO CASABELLA | 173 | 10 |
| TERCEIRO | LUIS RANCAÑO BOUSO | 156 | 8 |
| CUARTO | ADRIÁN BOUSO GAVÍN | 153 | 7 |
| QUINTO | JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ | 141 | 6 |
| SEXTO | FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ | 138 | 5 |
| SÉTIMO | OMAR MACIAS CABRERA | 136 | 4 |
| OITAVO | MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA | 135 | 3 |
| NOVENO | IVÁN SÁNCHEZ BASANTA | 133 | 2 |
| DÉCIMO | JOSÉ GONZÁLEZ RODRÍGUEZ | 131 | 1 |
| MELLOR BOLADA | JOSE VIGO LAGE | 75 | 1 |
| LIGA SUB 18 | |||
| PRMEIRO | AITOR BOUSO GAVIN | 87 | 6 |
| SEGUNDO | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ | 83 | 4 |
| TERCEIRO | ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ | 38 | 3 |
| CUARTO | LAURA IGLESIAS MARIÑO | 18 | 2 |
| QUINTO | RAQUEL COCIÑA PIÑEIRO | 18 | 1 |
| MELLOR BOLADA | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ | 40 | 1 |
| LIGA FEMININA | |||
| PRMEIRO | DOLORES BAÑO FRAGA | 114 | 6 |
| SEGUNDO | BELÉN MEITÍN ROUCO | 83 | 4 |
| TERCEIRO | SALOMÉ CARDOSO RODRÍUGEZ | 83 | 3 |
| CUARTO | CARMEN ROCA CORRAL | 74 | 2 |
| QUINTO | LEONOR CASABELLA RODRÍGUEZ | 65 | 1 |
| MELLOR BOLADA | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ | 40 | 1 |
INCIDENCIAS DA 6ª TIRADA
(CENTRO SOCIAL DE A VARA- Sábado, 13 NOVEMBRO 2010)
-Tarde fria.
-41 inscritos, 26 na Liga Senior, 6 na Sub 18 e 9 na Liga Feminina.
Liga Senior.- Espectacular victoria de Jose Vigo Lage, un Sub 18 que este ano decideu ascender de categoría, e pasar á categoría senior dos maiores. Trátase da súa primeira victoria na categoría absoluta, e todo hai que decilo, foi unha victoria tremenda con 205 tantos (65 + 75 + 65), sacándolle 33 tantos ao segundo que é seu pai Arturo Vigo e 49 tantos a Luis Rancaño. Fallaron os líderes, especialmente Ginés Rodríguez quen non foi capaz nin de puntuar, o que lle costa o liderato a costa de Moisés Rodríguez, gracias aos tres puntos obtidos. Arturo Vigo ascende á terceira posición a costa de José Rafael González que agora é cuarto. En definitiva, xornada que sirveu para apretar a clasificación xeral, dado que do primeiro (41 puntos) ao sexto (28 puntos) só temos 13 puntos de diferencia.
Liga Sub 18.- Cambio de líder tamén nesta Liga, que agora comanda Salomé Cardoso con 19 puntos, seguido de Aitor Bouso con 18. O non puntuar fixo que o lider ata este intre, Daniel López, caise ata terceira posición con 16 puntos. Cuarto está Samuel Rey con 11 e quinta Claudia Fernández con 10.
Liga Feminina.- Rocosa se está mostrando Dolores Baño, que é a única xogadora da categoría que ata o momento puntuou en tódalas tiradas, dahí a súa regularidade, e que encadena a súa segunda victoria consecutiva, o que lle permite liderar con 29 puntos, 11 máis que a vixente campiona Carmen Roca, que ten 18 puntos. Terceira continúa Concepción Piñeiro con 15 puntos, seguida de Belén Meitín con 14 e a sub 18 Salomé Cardoso con 10.
A Vindeira tirada vai ter lugar no CENTRO SOCIAL DE VILACHÁ O VINDEIRO SÁBADO, 20 DE NOVEMBRO DE 2010.



























Durante o evento realizouse unha ofrenda aos mariñeiros falecidos e, seguidamente, tivo lugar a subida da imaxe da Virxe do Carme ata a Igrexa. Esta última xornada continuou cunha misa solemne, á que asistiron numerosos veciños e visitantes que se achegaron ata a localidade mariñá, seguida da procesión acompañada pola Banda Naval e de actuacións musicais. A programación completarase a partir das 17:00 horas con diferentes actividades para os máis cativos e cativas.
Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
