20 de Xuño de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A corporación de Burela solicita á Xunta que acorde con Saragadelos a readmisión das persoas despedidas

30-12-10

Nota de Prensa

O PLENO APROBOU POR UNANIMIDADE REXEITAR A SUBA DAS TARIFAS ELÉCTRICAS E INSTAR Á XUNTA A RECUPERAR A DELEGACIÓN DA TVG DE BURELA. NEVES CANDO CRITICA O SILENCIO DOS POPULARES SOBRE AS DIRECTRICES DE ORDENACIÓN DO TERRITORIO.

Burela, 30 de decembro de 2010. O pleno do Concello aprobou por unanimidade rexeitar a suba das tarifas eléctricas e instar á Xunta a recuperar a Delegación da TVG de Burela. A tenente de alcalde, Neves Cando, critica o silencio dos populares despois de que Burela fose catalogada como vila de segunda visión polas Directrices de Ordenación do Territorio e tamén a tardanza coa que abogaron por un recoñecemento público da Confraría de Pescadores.

A edil nacionalista explicou que “había un punto no que se daba conta da desestimación por parte da Xunta das alegacións presentadas polo Concello ao documento das Directrices de Ordenación do Territorio, que segundo comentabamos estes días supón relegar a Burela á categoría de vila de segunda división por debaixo de Ribadeo e Viveiro, que serán as cabeceiras da comarca. Con respecto a este punto o PP non se pronunciu tampouco agora e iso que cando quere e cando lle interesa algún tema solicita opinar no pleno aínda que sexa un punto de dación de contas como era este”. Neves Cando lembrou que “a propósito deste tema falaba estes días o portavoz do PP de Burela e por non empregar outras palabras non dixo a verdade sobre iste tema. Resumidamente a lei do solo do 2002 obrigaba no prazo de dous anos a aprobar estas Directrices de Ordenación do Territorio, por certo nesa época era o señor Feijoo o conselleiro do ramo, pero daquela o PP na Xunta non o fixo e é agora cando de presa e correndo, porque tiñan que aprobar inicialmente este documento antes do Plan de Ordenación do Litoral que acaba de chegar ao parlamento galego, é agora cando o Partido Popular aproba estas directrices. Nunca antes houbo un documento igual para a súa aprobación nin para que os Concellos presentásemos alegacións, como se empeña en dicir o PP de Burela. E é agora cando os populares de Burela calan sobre esa catalogación de Burela como vila de segunda división”.

A tenente de alcalde relatou que “tamén levamos ao pleno a proposta despois dun escrito de petición do cabildo da Confraría de Pescadores neste senso para nomear á praza do Concello como praza da Confraría de Pescadores en recoñecemento da grande importancia que esta institución tivo, ten e terá para sempre en Burela. E esta mesma mañá a Confraría pedíanos aprazar esta decisión ata máis adiante e así o fixemos, sen embargo para algo sí serviu esta proposta que faciamos desde o equipo de goberno, serviu para que por fin o PP de Burela se acordase, despois de 15 anos, do recoñecemento público que merece a nosa Confraría. Ata o de agora o PP despreciaba á Confraría porque nunca se lle ocorreu este recoñecemento por parte do Concello e agora diante da proposta de darlle ese nome á praza acórdase de expresar o seu recoñecemento público. Tarde piaron porque mira que non tiveron anos para facelo, pero nunca se lles ocorreu”.

Mocións
Neves Cando contou que “aprobamos por unanimidade rexeitar a suba das tarifas eléctricas e tamén instar á Xunta para a recuperación da Delegación da TVG de Burela. E no caso da moción presentada polo PP sobre as persoas despedidas en Sargadelos ao final eles mesmos aprobaron a nosa enmenda na que solicitamos á Xunta que acordara coa empresa a readmisión desas oito persoas porque senón non é posible que se poidan acoller ás axudas por prexubilación ou xubilación que existen no Ministerio de Traballo”. A edil nacionalista considera que “é unha demogaxia e unha mentira para estas persoas a petición que facía o PP de solicitar estas axudas do ministerio, que só son posibles para traballadores de empresas en proceso de reconversión ou reestructuración e non para os que xa están despedidos, como é o caso de Sargadelos. Se non son readmitidos non poden solicitar as axudas que demandaba o PP e agora que a Xunta acordou coa empresa unha aportación económica a cambio da suspensión do ERE é o momento de dicirlle á empresa que readmita aos despedidos si se quere que poidan optar a estas axudas do Ministerio de Traballo”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive