19 de Maio de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A rede museística da Deputación iniciou o “Ano da memoria” no Museo do Mar en San Cibrao

23-01-11

Nota de prensa

A Rede Museística dependente da Area de Cultura da Deputación Provincial de Lugo deu inicio no Museo Provincial do Mar  ao Ano da Memoria nos Museos, que coincide co Ano Mundial do Alzheimer.  Obra cómico-filosófica do grupo de teatro Teatro Ardora “Residencial Paradiso” foi a primeria actividade que dentro deste programa se realizarán nos distintos museos da Rede Museística. Unha obra enfocada cara o mundo da soedade interior vivida hoxe en día pola maioría dos noso anciáns incapaces de comprender a incongruencia de que se chame mundo avanzado a aquel no que se reclúe aos proxenitores.
Na dicotomía entre amor filial e amor de parella, os protagonistas avivan o seu pensamento na procura dunha alternativa ás residencias ou asilos ata decatarse de que os vellos tamén poden namorarse como terapia imprescindible para ser autosuficientes.

_____REPARTO
Directora: Mª José López
Delegada: Adeli Fernandez
Melania: Lidia Pernas
Isolina: Adela López
Xosefa: Josefa Nunez
Clara: Clara Rey
Doutora: Mª Paz Rodriguez
Guión: Francisco Piñeiro
Dirección: María Paz Rodríguez Silva

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive